Guia docente 2013_14
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito penitenciario e penoloxía
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Adóitase empregar como complemento da lección maxistral. 40
Probas de resposta curta Proba composta por dez preguntas curtas formuladas sobre o programa da materia 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1.ª oportunidade de exame (maio):

O alumno que queira acollerse ao sistema de avaliación continua deberá manifestar a súa vontade neste sentido asinando un documento que se lle presentará a tal efecto nas primeiras semanas de clase por parte do profesor.

O alumno que non se acolla á avaliación continua terá dereito a un exame final (día 20 de maio de 2014, ás 17:00 h., na Aula Magna -segundo o calendario aprobado por Comisión Permanente do día 14 de xuño de 2013) que constará dunha pregunta de
desenvolvemento e 20 preguntas tipo test con catro alternativas e unha
correcta, no que haberá que responder correctamente polo menos a 15 preguntas. Este exame representará o 100% da cualificación.

2.ª oportunidade de exame (xullo):

Para todos os alumnos consistirá nun exame final (día 4 de xullo de 2014, ás 16:00 h., na Aula 2.4 -segundo o
calendario aprobado por Comisión Permanente do día 14 de xuño de 2013) que constará dunha pregunta de
desenvolvemento e 20 preguntas tipo test con catro alternativas e unha
correcta, no que haberá que responder correctamente polo menos a 15 preguntas. Este exame representará o 100% da cualificación.

Convocatoria fin de carreira (outubro 2013):

O alumno que se matricule na convocatoria de fin de carreira desta materia será avaliado conforme a un exame (día 15 de outubro de 2013, ás 17:00 h. -segundo o
calendario aprobado por Comisión Permanente do día 14 de xuño de 2013-, na aula que sexa publicada na web do centro) que constará dunha pregunta de
desenvolvemento e 20 preguntas tipo test con catro alternativas e unha
correcta, no que haberá que responder correctamente polo menos a 15 preguntas. Este exame representará o 100% da cualificación.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000