Guia docente 2015_16
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito da nacionalidade e da estranxeiría
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante. Valórase a asistencia ás sesións maxistrais (punto 1º infra) 10 B1
B2
B3
B6
B13
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividade na que se formulan problema e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Adóitase utilizar como complemento da lección maxistral. Valórase a realización de controis prácticos (punto 2º infra) 20 B1
B2
B3
B6
B13
Probas de resposta curta Ás que se refire o punto 3º infra. Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos que teñen sobre a materia. 50 B1
B2
B3
B6
B13
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Ás que se refire o punto 2º infra. Probas para avaliación das competencias que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa. 20 B1
B2
B3
B6
B13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Valorarase a asistencia ás clases teóricas e prácticas, ata un 10% da calificación final. Para obter dita valoración é necesario acudir como mínimo ó 85% das mesmas.

2.- Realizaránse un máximo de dous controles teóricos e prácticos ó longo do curso, que conxuntamente, suporán o 40% da calificación final.

3.- Haberá asemade dous exámes parciais longos que suporán o 50% da calificación total, sempre que se acade un mínimo de 2 puntos sobre 5 en cada un deles.

4.- Aqueles alumnos que non desexen, ou non poidan seguir o sistema de avaliación continua descrito, poderán presentarse a un exámen final único teórico-práctico en todas as convocatorias que suporá o 100% da calificación (50% parte teórica, 50% parte práctica). Este sistema aplicarase tamén na convocatoria extraordinaria de fin de carreira, agás o alumnado que quera conservar a porcentaxe correspondente de avaliación continua (50%).

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2015-16

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000