Guia docente 2013_14
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Relacións internacionais, constitución e Unión Europea
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Os coñecementos adquiridos na sesión maxistral serán avaliados mediante unha proba escrita na que se exporán cuestións de desenvolvemento.
As probas realizaranse nas seguintes datas:
-1ª oportunidade: 16 de xaneiro, ás 16:00 h . Aulas:Magna e 1.4
-2ª oportunidade: 27 de xuño, ás 17:00h. Aula Magna
80
Resolución de problemas e/ou exercicios O traballo da aula valorarase en atención a dous criterios: por unha banda, os casos prácticos e traballos que sexan obxecto de exposición na aula, así como, por outra banda, mediante os traballos que deberán ser entregados ao profesor 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A impartición desta materia é responsabilidade de dúas áreas de conocimento: Dereito Constitucional e Dereito Internacional Público

-A área de Dereito Constitucional impartirá os temas 1-7 (Bloque I) durante a primeira metade do primeiro cuadrimestre.

-A área de Dereito Internacional Público impartirá os temas 8-14 (Bloque II) durante a segunda metade do primeiro cuadrimestre.

En canto á avaliación final,  cada unha das  áreas de coñecemento que participan na materia terá un peso proporcional á súa carga docente, é dicir, Dereito Constitucional 50% e Dereito Internacional Público 50%. Cada área de coñecemento, á hora de determinar a súa nota, farao de seguindo o establecido no apartado relativo á avaliación é dicir : 20% da nota mediante resolución de problemas ou exercicios e 80% preguntas de desenvolvemento.

En relación á proba de desenvolvemento, esta constará de dous partes, unha por cada área de coñecemento. Cada parte farase en follas independentes, para que cada profesor poida corrixir o seu parte.

Para superar a materia é necesario obter un mínimo de 50% en cada parte.

Os alumnos que non se someta á avaliación , a proba a realizar constará de dous partes: a realización dunha proba escrita con cuestións de desenvolvemento así como a resolución dun caso práctico, exame que, en todo caso, representará o 100% da cualificación.

As probas finais realizaranse nas seguintes datas:

-1ª oportundiad: 16 de xaneiro ás 17:00h na aula Magna

-2º oportunidade: 27 de xuño, ás 17:00h na aula Magna

 

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000