Guia docente 2016_17
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito mercantil europeo
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral Observación sistemática destinada a recompilar datos sobre a participación do alumno, baseados en condutas ou criterios operativos que faciliten a obtención de datos cuantificables como atención, plantexamento de dúbidas, preguntas, atitude e participación activae persoal no desenvolvemento das tarefas docentes. 40
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecidas polo profesor. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu. A aplicación desta técnica podeser presencial ou non presencial. Pódense empregar diferentes ferramentas para apicar esta técnica como, por exemplo, correo, campus virtual, etc. 35
Probas de resposta curta Probas para a aavaliación das competencias adquiridas, que inclúen preguntas directas sobreun aspecto concreto. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en base os coñecementos que teñen sobre a materia. 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O inicio do curso, os alumnos deberán manifestala sua intención de acollerse ou non o sistema de avaliación contínua, mediante a ficha de alumno, que deberá entregarse o profesor nas duas primeiras semans de clases, con expresa indicación da opción elexida.


. PRIMEIRA OPORTUNIDADE DE EXAME ( CONVOCATORIA DE XANEIRO)

A. Alumnos que opten polo sistema de avaliación contínua: deberán asistir regularmente as clases presenciais ( mínimo un 90%). Este sistema de avaliación contínua esixirá, en todo caso, cumprir coa referida asistencia mínima e, ademais, requerirá unha participación activa e regualr nas explicación, exposicións, actividades ou exercicios propostos que, de forma eventual e aleatoria, poderán ser recollidos polo profesor. Estas actividades representarán un 60% de cualificación global. O 40 % restante da cualificación virá determinado pola PROBA FINAL, que consistirá nuha parte teórica de 3-5 preguntas de resposta curta -20%-, e una proba práctica - 20%-, coas características descritas.

B. Alumnos que non se acollan o sistema de avaliación contínua, e aqules que non cumplan os requisitos para a avaliación contínua deberán realizar unha proba final obxectiva que representará 0 100% da sua cualificación. Constará de unha parte teórica e unha parte práctica. A parte teórica - de 3 a 5 preguntas de resposta curta- representará o 60% do total da cualificación, e a parte práctica -problemas ou exercicios prácticos-  o 40% restante.

. SEGUNDA OPORTUNIDADES DE EXAME ( CONVOCATORIA DE XULLO)

No exame de xullo os alumnos serán avaliados en base a unha PROBA FINAL OBXECTIVA, que representará o 100% da cualificación, e consistirá nuha parte teórica - 3 a 5 preguntas de reposta curta- que representará o 60% do total, e unha parte práctica -problemas ou exercicios prácticos- o 40% restante.

. FIN DE CARREIRA

No exame da convocatoria de fin de carreira a avaliación terá a mesma estrutura e os mesmos porcentaxes de valoración que na segunda oportunidade de exame ( xullo).

. DATAS DAS PROBAS DE AVALIACIÓN

As datas e horarios das probas de avaliación son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2016-2017.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000