Guia docente 2014_15
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito mercantil europeo
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Estudo de casos/análises de situacións Análise dun caso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, plantexar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adiestrarse en procedimientos alternativos de solución
15
Traballos tutelados O estudante, de maneira individual ou en grupo, elabora un documento sobor da temática da materia, ou prepara resumos de lecturas, películas, conferencias, etc. Inclúe a búsqueda e recollida de información, lectura, visionado de cintas cinematográficas e manexo de bibliografía, redaccións...
20
Prácticas en aulas de informática Actividades dirixidas a adquisición de habilidades básicas e procedimentais relacioadas ca materia, a través das ferramentas informáticas 5
Sesión maxistral Atención e asimilación dos contidos da exposición pola profesora dos contidos da materia, bases teóricas e exercicios de valoración sobor da participación do alumno 20
Probas de resposta curta Preguntas directas sobor dun aspecto concreto, que o alumno debe responder de maneira directa e concisa, en base os coñecementos que ten obtidos de materia 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O inicio de curso, os alumnos deberán manifestar a sua intención -ou non- de acollerse o sistema de avaliación continua.

Primeira oportunidade de exame (convocatoria de xaneiro).

A. Os alumnos que se acollan ó sistema de avaliación contínua deberán asistir regularmente as clases presenciais (mínimo dun 80%).O sistema de avaliación contínua esixirá, en todo caso, cumprir co a referida asistencia mínima e ademais, requerirá unha participación activa e regular nas explicacións, exposicións e actividades/exercicios propostos que, de forma eventual e aleatoria, poderán ser recollidos polo profesor. Estas actividades representarán un 55% da cualificación global. O 45% restante da cualificación virá determinado pola PROBA FINAL, que consistirá nuha única parte teórico-práctica co as características descritas.

B. Os alumnos que non se acollan ó sistema de avaliación continua  deberán someterse a unha proba final obxectiva (exame final) que representará o 100% da súa calificación. Constará dunha parte teórica e unha parte practica. A parte teórica representará o 60% do total da cualificación, e a parte práctica o 40% restante.

Segunda oportunidade de exame (convocatoria de xullo):

No exame da convocatoria de xullo os alumnos serán avaliados en base a unha única PROBA FINAL, que representará o 100% da cualificación global, e consistirá nuha parte teórica e unha parte práctica. A parte teórica representará o 60% do total, e a parte práctica o 40% restante.

DATAS DAS PROBASDE AVALIACIÓN

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no clalendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2014/2015

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000