Guia docente 2013_14
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Xurisdición contenciosa-administrativa e proceso laboral
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Estudo de casos/análises de situacións Proba na que se presenta unha situación ou problemática xa dada ou que pode darse, partindo dos diferentes factores involucrados, a análise dos antecedentes, condicións, da situación, etc.
30
Probas de tipo test Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta. Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 35
Probas de resposta curta Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos que teñen sobre a materia. 35
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Datas de exames:

Primeira convocatoria: 17 de xaneiro de 2014, 16:00, aulas 1.4 e 1.5

Segunda convocatoria: 7 de xullo de 2014, 10:00, aula 1.4

Fin de carreira: 18 de outubro, 16:00

1. SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA:

A avaliación da materia ou nota final será, no marco do devandito sistema de avaliación, o resultado da suma das calificacións acadadas nas seguintes probas obrigatorias:

  A.     Avaliación da participación activa (30% da nota final)

Bloque I (15%):  Terase en conta a "asistencia activa" (asistencia + participación). Valorarase especialmente o esforzo e o interese das/os estudantes sen que, en ningún caso, se recoñeza valor ningún á mera asistencia.

Para poder ter acceso á avaliación continua, é requisito previo imprescindible entregar ao profesor, ao principio do curso, a "ficha" persoal con datos actualizados e foto recente.

As/os estudantes que o desexen poderán voluntariamente realizar pequenos traballos ou lecturas de bibliografía especializada tutelados ou guiados polo profesor.

En todo caso, as/os estudantes poden voluntariamente renunciar á avaliación continua e confiar o 100% da súa cualificación neste Bloque I ao exame sen máis que facelo constar de forma expresa e asinada no propio exame.

Bloque II (15%): O/a alumno/a que opte polo sistema de avaliación continua, deberá acreditar a asistencia a un 80% das clases. De non acreditar esta presencialidade mínima, o/a alumno/a quedará automáticamente excluido do sistema de avaliación continua, debendo, xa que logo, someterse ao sistema de avaliación final. As faltas de asistencia só quedarán excusadas  nos casos de accidente ou enfermidade graves debidamente xustificados.

No marco dos grupos medianos, plantexaranse distintas tarefas -casos prácticos, cuestionarios…- que serán entregadas segundo os prazos previstos no cronograma previamente facilitado. Procederase á corrección das devanditas tarefas na aula, con todo, a efectos de calificación, seleccionarase unha tarefa -idéntica para todos- entre tódalas plantexadas.

B.      Proba de respostas curtas relativa ao Bloque I da materia (35% da nota final)

Os/as alumnos/as realizarán unha proba de respostas curtas relativa ao Bloque I da matéria, e poderán utilizar como material de apoio textos legais.  Para superar a materia, o/a alumno/a deberá obter, na devandita proba, unha nota mínima de 4 sobre 10. En todo caso, se a nota obtida polo/a alumno/a nesta proba é superior a 4 pero inferior a 5, acalificación final non poderá exceder de 6. A devandita proba realizarase na data oficial de exame da materia (17 de xaneiro de 2014, ás 16:00, aulas 2.4 e 2.5) .

C.     Proba tipo test relativa ao Bloque II da materia (35% da nota final)

Os/as alumnos/as realizarán unha proba tipo test: preguntas pechadas de elección múltiple (sinalando unha respota entre un número limitado de posibilidades). A citada proba tipo test incluirá preguntas de carácter teórico (contidos propios das clases maxistrais) e de carácter práctico (contidos propios de grupos medianos e, no seu caso, de accións titoriais), relativas ao Bloque II da materia. Para superar a materia, o/a alumno/a deberá obter, na devandita proba, unha nota mínima de 4 sobre 10. En todo caso, se a nota obtida polo/a alumno/a nesta proba é superior a 4 pero inferior a 5, acalificación final non poderá exceder de 6.

A devandita proba realizarase na data fixada no cronograma da materia, en todo caso ao remate da explicación do Bloque II.

Se o/a alumno/a non superase a materia en primeira convocatoria (17 de xaneiro de 2014, 16:00, aulas 2.4 e 2.5), as calificacións acadadas como consecuencia da avaliación da participación activa e das probas de resposta curta ou tipo test conservaranse para a convocatoria do mes de xullo (7 de xullo de 2014, 10:00, aula 1.4), examinándose o alumno, na devandita convocatoria, só daquela parte do programa -Bloque I ou Bloque II- non superada en primeira convocatoria. Porén, o/a alumno/a, se así o manifesta, poderá optar por someterse ao sistema de avaliación final renunciando as calificacións acadadas no marco da avaliación continua.

En todo caso, as calificacións acadadas no marco da avaliación da participación activa, na proba de resposta curta e na proba tipo test non se conservarán para convocatorias de cursos académicos posteriores. O/a alumno/a deberá entón someterse a un novo proceso de avaliación continua, agás opción pola avaliación final.

 

2. SISTEMA DE AVALIACIÓN FINAL:

A avaliación da materia ou nota final será a acadada nun único exame a realizar na data oficial (primeira convocatoria: 17 de xaneiro de 2014, 16:00, aulas 2.4 e 2.5; segunda convocatoria: 7 de xullo de 2014, 10:00, aula 1.4), nos seguintes términos:

Bloque I:

A mesma proba descrita no apartado 1.B, que representará un 50% da calificación final

Bloque II: Constará das siguentes probas:

A. Proba de respostas de desenvolvemento que representará un 40% da calificación final.

B. Estudio de casos/análise de situacións que representará un 10% da calificación final

 

3. CONVOCATORIA
FIN DE CARREIRA:

Na convocatoria
fin de carreira o/a alumno/a será avaliado nun único exame escrito, de
carácter teórico e práctico, que representará o 100% da nota final.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000