Guia docente 2016_17
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito comunitario
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Os coñecementos adquiridos na sesión maxistral serán avaliados mediante unha proba escrita na que se exporán cuestións de desenvolvemento.
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o Curso 2016-2017
80 B1
B2
B3
B7
C1
C2
C3
C6
C7
C8
C11
C13
Resolución de problemas e/ou exercicios O traballo da aula valorarase en atención a dous criterios: por unha banda, os casos prácticos e traballos que sexan obxecto de exposición na aula, así como, por parte, mediante os traballos ou casos prácticos que deberán ser entregados ao profesor 20 B5
B6
B9
C15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A impartición e avaliación desta materia é responsabilidade de dúas áreas de coñecemento a área de Dereito Constitucional e a área de Dereito Internacional Público.

-A área de Dereito Internacional impartirá as leccións 1-2; 5-8 e 13. Estas leccións impartiranse na primeira metade do primeiro cuadrimestre.

-A área de Dereito Constitucional impartirá o resto do temario, é dicir, leccións 3-4; 9-12 e 14. Estas leccións impartiranse na segunda metade do primeiro cuadrimestre


En canto á avaliación final, cada unha das áreas de coñecemento que participan na materia ten un peso proporcional á súa carga docente: Dereito Internacional 50% e Dereito Constitucional 50%. Cada área, á hora de determinar a súa nota, farao seguindo os criterios establecidos na metodoloxía, é dicir, 80% exame final  e  20% traballos de aula.


En relación á proba ou exame final escrito, esta proba constará de dous partes, unha por cada Área de coñecemento. Cada parte farase en follas independentes, para que cada profesor poida corrixir o seu parte. Os alumnos que sigan evaluación continúa, sólo realizarán un exame teórico. Este sistema aplicase tamén na segunda oportunidad (convocatoria de julio).

Para superar a materia é necesario obter un mínimo do 50% en cada parte.Sólo se sumará a nota da evaluación continúa si no examen teórico de cada parte se alcanza una calificación igual ou superior a un 2,5 (sobre 4)

Os alumnos que non se sometan á avaliación continua, a proba a realizar constará de dous partes: a realización dunha proba escrita con cuestións de desenvolvemento así como a resolución dun caso práctico, exame que, en todo caso, representará o 100% da calificación

A Convocatoria "Fin de carreira" constará de duas partes: a realización dunha proba escrita con cuestión de desenvolvemento así como a resolución dun caso práctico, examen que, en todo caso, representará o 100% de calificación.

A data e horario das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o Curso 2016-2017

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000