Guia docente 2013_14
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito procesual penal
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de tipo test Durante o cuadrimestre realizaranse dous probas tipo test, na data indicada polo profesor. A nota media de ambas as probas constituirá o 25% da nota final. Estas probas non liberan materia de face ao exame final. 25
Estudo de casos/análise de situacións Na data indicada polo profesor realizarase unha proba de carácter práctico consistente no estudo dun caso. A nota desta proba constituirá o 25% da cualificación final. 25
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Na data fixada no calendario oficial de exames realizarase un exame escrito, que comprende toda a materia. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Primeira oportunidade (maio/xuño):

O estudante debe elixir entre un sistema de avaliación continua ou a realización dun exame final.

a) Avaliación continua:

O sistema de avaliación continua consistirá en:

a) Dúas probas teóricas tipo test, que se realizarán nas datas indicadas ao comezo do cuadrimestre. A nota media obtida nestas probas representará o 25% da cualificación final.

b) Unha proba práctica escrita, consistente no estudo e resolución dun caso práctico que se realizará na data indicada ao comezo do cuadrimestre. A nota desta proba práctica representará o 25% da cualificación final.

A avaliación completarase co exame final que será escrito e realizarase o día 29 de maio ás 17:00 h., nas aulas Magna e 1.4. Este exame representa o 50% da cualificación final, pero ten que ser superado cun 5 sobre 10, para que se some a nota obtida na avaliación continua.

b) Exame final:

  • O estudante que non se someta ao sistema de avaliación continua realizará un exame final, o día 29 de maio ás 17:00 h., nas aulas Magna e 1.4. Este exame representa o 100% da cualificación da materia.
  • O exame constará de dous partes:
    • Unha proba teórica escrita sobre toda a materia, que representará o 80% da cualificación final.
    • Unha proba práctica escrita consistente no estudo dun caso. Esta proba representará o 20% da cualificación final.
  • Para superar o exame e ter a condición de aprobado, o estudante terá que superar a parte práctica e a parte teórica. É dicir, na proba práctica terá que obter polo menos un 1 sobre 2 e na parte teórica un 4 sobre 8.

2. Segunda oportunidade (xullo):


  • Consistirá para
    todos os alumnos nun exame final único, que se realizará o día 7 de xullo ás 16:00 h., na aula Magna. Este exame representa o 100% da cualificación da
    materia.

  • O exame constará de dous
    partes:


    • Unha proba teórica escrita
      sobre toda a materia, que representará o 80% da cualificación final.

    • Unha proba práctica escrita
      consistente no estudo dun caso. Esta proba representará o 20% da
      cualificación final.
  • Para superar o exame e ter
    a condición de aprobado, o estudante terá que superar cada unha dos seus partes, a
    parte práctica e a parte teórica. É dicir, na proba práctica terá
    que obter polo menos un 1 sobre 2 e na parte teórica un 4 sobre 8.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000