Guia docente 2012_13
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito internacional privado
   Contidos
Tema Subtema
TEMA 1: FUNDAMENTOS 1. O obxecto, o contido e a estrutura do Dereito internacional privado.
2. As fontes do Dereito internacional privado
TEMA 2: NORMAS DE COMPETENCIA XUDICIAL INTERNACIONAL NO REGULAMENTO 44/2001 (BRUXELAS I) 1. Ámbitos de aplicación.
2. Verificación da competencia e admisibilidade da demanda.
3. Competencias exclusivas.
4. Autonomía da vontade e domicilio do demandado.
5. Normas especiais por razón da materia.
6. Competencias derivadas e medidas cautelares.
7. Litispendencia e conexidade.
TEMA 3: NORMAS DE COMPETENCIA XUDICIAL INTERNACIONAL NO REGULAMENTO 2201/2003 (BRUXELAS II) 1. Ámbitos de aplicación.
2. Normas de competencia en materia de divorcio, separación e nulidade matrimonial.
3. Normas de competencia en materia de responsabilidade parental.
4. Disposicións comúns.
TEMA 4: NORMAS DE COMPETENCIA XUDICIAL INTERNACIONAL NOUTROS REGULAMENTOS COMUNITARIOS E NO DEREITO INTERNO 1. Normas de competencia no Regulamento 4/2009 sobre alimentos.
2. Normas de competencia no Regulamento 1346/2000 sobre procedementos de insolvencia.
3. Normas de competencia xudicial na LOPJ.
TEMA 5: O DESENVOLVEMENTO DO PROCESO CON ELEMENTO ESTRANXEIRO 1. A parte estranxeira no proceso.
2. Os actos procesais afectados polo elemento estranxeiro.
3. O Dereito estranxeiro no proceso.
TEMA 6. RECOÑECEMENTO (I): SISTEMA XERAL 1. Réximes de recoñecemento.
2. Sistema do Regulamento 44/2001.
3. Sistema interno.
TEMA 7. RECOÑECEMENTO (II): RÉXIMES ESPECÍFICOS E MAIS EXECUCIÓN FORZOSA 1. Réximes específicos por razón da materia.
2. Réximes específicos por razón do tipo de acto.
3. A execución forzosa internacional.
TEMA 8. PARTE XERAL DO DEREITO APLICABLE (I) 1. O método substancial: normas materiais especiais e imperativas.
2. O método localizador baseado na norma de conflito: carácteres, correccións e natureza imperativa ou facultativa.
TEMA 9. PARTE XERAL DO DEREITO APLICABLE (II) 1. Problemas relativos ao suposto de feito e ao punto de conexión da norma de conflito.
2. Problemas relativos á aplicación da norma de conflito.
TEMA 10. LEI APLICABLE Á PERSOA E ÓS BENS. 1. Lei aplicable ás persoas físicas.
2. Lei aplicable ás persoas xurídicas.
3. Lei aplicable aos bens.
TEMA 11. LEI APLICABLE AO MATRIMONIO E CRISES MATRIMONIAIS. 1. Lei aplicable á celebración do matrimonio.
2. Lei aplicable ao réxime económico matrimonial.
3. Lei aplicable ás crises matrimoniais: o Regulamento Roma III.
TEMA 12. LEI APLICABLE Á FILIACIÓN E ÓS ALIMENTOS. 1. Lei aplicable á filiación.
2. Lei aplicable aos alimentos: o Protocolo da Haxa de 2007.
TEMA 13. LEI APLICABLE ÁS OBRIGACIÓNS CONTRACTUAIS: O REGULAMENTO ROMA I. 1. Ámbito de aplicación do Regulamento.
2. Determinación da lei rectora ás obrigacións contractuais.
3. Problemas de delimitación do ámbito da lei rectora.
TEMA 14. LEI APLICABLE ÁS OBRIGACIÓNS NON CONTRACTUAIS: O REGULAMENTO ROMA I. 1. Ámbito de aplicación do Regulamento.
2. Determinación da lei rectora ás obrigacións non contractuais.
3. Problemas de delimitación do ámbito da lei rectora.
TEMA 15. LEI APLICABLE Á SUCESIÓN HEREDITARIA. 1. A delación da herdanza.
2. Problemas comúns ao fenómeno sucesorio.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000