Guia docente 2013_14
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito do traballo e da seguridade social
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de tipo test Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas de elección múltiple. Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. As probas de tipo test incluirán preguntas de carácter práctico para avaliar as competencias adquiridas en estudios de casos/análise de situacións e, no seu caso, en titorías en grupo. 40
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas abertas sobre diferentes temas. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa. 40
Outras Resolución e entrega en prazo dos estudios de casos/análise de situacións que posteriormente serán obxecto de resolución na aula. Avalarianse aleatoriamente tres das prácticas esixidas 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os alumnos/as poden optar entre dous
sistemas de avaliación:

1. Sistema de avaliación continua

2. Sistema de avaliación final

(I)
SISTEMA DE AVALIACIÓN  CONTINUA
. Para acollerse ao sistema de avaliación
continua e aprobar a materia mediante este sistema, o alumno/a deberá
cumprir os dous requisitos seguintes:

1. Acreditar asistencia a un 80% das
clases –maxistrais, grupos medianos e accións titoriais, sen que, salvo
casos excepcionais –-ex. enfermidades de longa duración verificadas con informe
médico-, permítase xustificar a ausencia.

2. Obter unha cualificación de cinco
ou superior como nota media que resulte do tres tipos de probas de avaliación
que se realizarán ao longo do cuadrimestre, debendo obter unha
cualificación non inferior a 4 en cada unha das probas para aprobar a
materia mediante o sistema de avaliación continua. Se o alumno obtén
menos dun 4 na avaliación de maio nalgunha do tres probas
avaliables, poderá continuar na avaliación continua na avaliación de xuño-xullo,
pero neste caso a cualificación que figurará nas actas de maio
será a de suspenso (máximo 4.9). Para aprobar a materia en maio,
deberá pasarse ao sistema de avaliación final.

I. AVALIACIÓN maio:

A nota final será o resultado da suma das
cualificacións conseguidas nas seguintes probas obrigatorias:

1. Proba tipo test (40% da nota final). Previsiblemente
no mes de marzo, os alumnos/as realizarán unha proba tipo test de preguntas
pechadas de elección múltiple (sinalando unha resposta entre un número limitado
de posibilidades). A citada proba tipo test incluirá preguntas de carácter
teórico (contidos propios das clases maxistrais) e de carácter práctico
(contidos propios de grupos medianos e, no seu caso, de accións titoriais)
dos temas 1 a 9-10
da guía docente.

2. Probas en grupos medianos (20% da nota
final). No marco dos grupos medianos, formularanse distintas tarefas que
serán entregadas segundo os prazos previstos no cronograma previamente
facilitado. Procederase á corrección das devanditas tarefas na aula. Con todo,
a efectos de cualificación, seleccionaranse dúas tarefas -idénticas para todos-
entre todas as formuladas.

3. Proba de respostas de desenvolvemento (40% da
nota final). Na data oficialmente sinalada para a avaliación da
materia en maio (día 26 de maio, ás 10:00 horas nas aulas Magna e 1.4),
os alumnos/as realizarán unha proba de respostas de desenvolvemento dos temas 10-11 a 19 da guía docente.

Ao
ser as probas obrigatorias a desenvolver liberatorias para as avaliacións
de maio e xullo e esixirse ao alumno/a polo menos un 4 en cada parte para aprobar
a materia mediante o sistema de avaliación continua, se o alumno obtivo
menos dun 4 na proba tipo test ou nas probas en grupos
medianos, permitiráselle ao alumno optar por continuar no sistema de avaliación
continua e presentarse en maio á proba correspondente á
parte que teña suspensa. Na avaliación de maio, o exame constará
de dous partes –unha teórica, de respostas longas de desenvolvemento e outra práctica,
cun estudo de casos-. Non haberá
proba tipo test, polo que, se a proba suspensa é a proba tipo test,
deberá examinarse do contido dos temas 1 a 9-10 mediante unha proba de respostas
de desenvolvemento. Se a proba suspensa é a correspondente aos
grupos medianos, deberá realizar a parte do exame correspondente ao estudo
de casos/análises de situacións.

Se
o alumno na avaliación de maio ten algunha das probas suspensa cunha
cualificación inferior a catro, a cualificación que figurará nas actas de maio
será a de suspenso (máximo 4.9), aínda que a cualificación media que
obteña sexa superior a 5. Neste caso, na
convocatoria de xuño/xullo unicamente deberá examinarse da proba ou
probas que non superase na avaliación de maio.

Se
o alumno/a non se presenta a algunha das partes en maio, a cualificación que
figurará nas actas de maio será a de non presentado/a.

II. AVALIACIÓN xuño-xullo:

Se o alumno/a obtivese unha
cualificación superior a 5 nalgunha das probas obrigatorias desenvolvidas
durante o cuadrimestre (tipo test, grupos medianos ou respostas de desenvolvemento)
pero non conseguise aprobar a materia na avaliación de maio por non
obter unha cualificación media superior a 5 ou por suspender algunha das
probas cunha cualificación inferior a 4, poderá conservar na avaliación
de xuño-xullo a cualificación das probas aprobadas e examinarse unicamente
da parte suspensa.

Na avaliación de xuño-xullo, que
terá lugar na data oficialmente
sinalada (día 25 de xuño, ás 10:00 horas na aula Magna), o
exame constará de dous partes –unha teórica, de respostas longas de desenvolvemento
e outra práctica, cun estudo de casos-. O estudante sometido a avaliación
continua quedará exento das preguntas de desenvolvemento que se correspondan coa
parte do temario da guía docente que teña aprobado e, no seu caso, do
estudo de casos. Aínda que a parte suspensa sexa a correspondente á proba
tipo test, na avaliación de xuño-xullo o exame será de preguntas con respostas
de desenvolvemento.

A nota obtida na avaliación
continua non se conservará para convocatorias de cursos académicos posteriores. O alumno/a deberá someterse a un novo proceso de avaliación
continua, agás que opte pola avaliación final teórica e
práctica.

2.
Sistema de avaliación final.
O alumno/a que non
cumpra os requisitos para acollerse ao sistema de avaliación continua ou que
opte por non facelo, terá dereito a ser avaliado mediante exame final que
representa o 100% da cualificación na materia.

O citado exame final constará de dúas
probas:

1. Proba de respostas longas de desenvolvemento
(80% da nota final)

2. Estudo de casos/análises de situacións
(20% da nota final)

Na convocatoria de fin de carreira,
o alumno deberá acollerse necesariamente ao sistema de avaliación final.

O exame final terá lugar:

§        
Na convocatoria de fin de carreira, o día 21
de outubro de 2013, ás
9:30 horas

§        
Na avaliación de maio, o 26 de maio de 2014, ás 10:00 horas, nas
aulas Magna e 1.4

§        
Na avaliación de xuño-xullo, o día 25 de xuño
de 2014, ás
10:00 horas, na aula Magna

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000