Guia docente 2012_13
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito do traballo e da seguridade social
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de tipo test Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas de elección múltiple. Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. As probas de tipo test incluirán preguntas de carácter práctico para avaliar as competencias adquiridas en estudios de casos/análise de situacións e, no seu caso, en titorías en grupo. 40
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas abertas sobre diferentes temas. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa. 40
Outras Resolución e entrega en prazo dos estudios de casos/análise de situacións que posteriormente serán obxecto de resolución na aula. Avalarianse aleatoriamente tres das prácticas esixidas 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os/as alumnos/as poden optar
entre dous sistemas de avaliación:

  1. Sistema de
    avaliación continua
  2. Sistema de
    avaliación final

 1. Sistema de avaliación  continua.
Para optar ao sistema de avaliación continua, o/a alumno/a deberá acreditar
asistencia a un 80% das clases –maxistrais, grupos medianos e accións tutoriais-,
sen que, salvo casos excepcionais –ej. enfermidades de longa duración
verificadas con informe médico-, se permita xustificar a ausencia. De non
acreditar a devandita asistencia mínima, o/a alumno/a quedará automáticamente
excluído do sistema de avaliación continua, debendo, xa que logo, someterse ao
sistema de avaliación final. Para aprobar a materia mediante o sistema de avaliación
continua, o alumno deberá obter unha cualificación media de 5 ou superior. Ao ser as probas obrigatorias a
desenvolver liberatorias para as avaliacións de maio e xullo, esixiráselle o/a
alumno/a, ademais, que nas distintas probas desenvolvidas ao longo do
cuadrimestre obteña unha cualificación mínima superior a 4.

I. Avaliación maio:

A avaliación da materia ou nota
final será o resultado da suma das cualificacións acadadas nas seguintes probas
obrigatorias:

Proba tipo test (40% da nota final)

Previsiblemente no mes de marzo,
os/as alumnos/as realizarán unha proba tipo test de preguntas pechadas de
elección múltiple (sinalando unha resposta entre un número limitado de
posibilidades). A citada proba tipo test incluirá preguntas de carácter teórico
(contidos propios das clases maxistrais) e de carácter práctico (contidos propios
de grupos medianos e, no seu caso, de accións titoriais) dos temas 1 a 10 da guía docente.

Probas en grupos medianos (20% da nota final)

No marco dos grupos medianos, formularanse
distintas tarefas -casos prácticos, cuestionarios…- que serán entregadas
segundo os prazos previstos no cronograma previamente facilitado.

Procederase á corrección das
devanditas tarefas na aula. Con todo, a efectos de cualificación,
seleccionaranse tres tarefas –idénticas para todos- entre todas as formuladas.

Proba de respostas de desenvolvemento (40% da nota final)

Na data oficialmente sinalada para a
avaliación da materia en maio, os/as alumnos/as realizarán unha proba de
respostas de desenvolvemento dos temas 11 a 19 da guía docente.

II. Avaliación xuño-xullo:

Se o/a alumno/a tivese obtido unha
cualificación superior ao 5 nalgunha das probas obrigatorias desenvolvidas
durante o cuadrimestre (tipo test, grupos medianos ou respostas de
desenvolvemento) pero non acadase aprobar a materia na avaliación de maio por
non obter unha cualificación media superior ao 5, poderá conservar na
avaliación de xuño-xullo a cualificación das probas aprobadas. Neste caso, o estudante
quedará exento na avaliación final da proba ou da parte da proba superada. Porén, o/a
alumno/a poderá optar por someterse ao sistema de avaliación final.

En todo caso, a nota obtida na
avaliación continua non se conservará para convocatorias de cursos académicos
posteriores. O/a alumno/a deberá someterse a un novo proceso de avaliación
continua, agás que opte pola avaliación final teórica e práctica.

2. Sistema de avaliación  final. O/A alumno/a que non cumpra os requisitos para
acollerse ao sistema de avaliación continua ou que opte por non facelo, terá
dereito a ser avaliado en maio e en xuño-xullo mediante exame final que representa o 100% da cualificación
na materia. O citado exame final constará de dúas probas:

Proba de respostas longas de desenvolvemento (80% da nota final)

Estudio de casos/análise de situacións (20% da nota final)

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000