Guia docente 2011_12
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito do traballo e da seguridade social
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de tipo test Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas de elección múltiple. Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. As probas de tipo test incluirán preguntas de carácter práctico para avaliar as competencias adquiridas en estudios de casos/análise de situacións e, no seu caso, en titorías en grupo. 40
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas abertas sobre diferentes temas. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa. 40
Outras Resolución e entrega en prazo dos estudios de casos/análise de situacións que posteriormente serán obxecto de resolución na aula. Avalarianse aleatoriamente tres das prácticas esixidas 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

I. AVALIACIÓN MAIO-XUÑO:

a) Sistema de avaliación  continua. Ao comenzo do curso, o/a alumno/a deberá manifestar por escrito, conforme ao modelo proporcionado polo profesor da materia, a súa vontade de someterse ao sistema de avaliación continua. Para optar ao sistema de avaliación continua, o/a alumno/a deberá acreditar asistencia a un 80% das clases. O/a alumno/a que se se acolla a este sistema, entregando o documento sinalado e acreditando a presencialidade mínima do 80%, será avaliado conforme os criterios previamente establecidos e non terá dereito a ser avaliado nesta convocatoria mediante o sistema de avaliación final.

ACLARACIÓNS para o/a alumno/a que opta polo sistema de avaliación continua:

1. Para superar a materia deberá obter na proba de resposta longa ou de desenvolvemento unha nota mínima de 4 sobre 10. En todo caso, se a nota obtida polo alumno nesta proba é superior a 4 pero suspenso, a calificación final non poderá exceder de 6.

2. O devandito alumno/a quedará exento de proba de carácter práctico no exame final.

b)  Sistema de avaliación  final. O/A alumno/a que non manifeste a súa vontade de someterse ao sistema de avaliación continua terá dereito a ser avaliado nesta convocatoria mediante exame final que representa o 100% da calificación na materia. O citado exame final constará de dúas probas:

1. Proba de respostas longas de desenvolvemento, que representará un 60% da calificación.

2. Estudio de casos/análise de situacións, que representará un 40% da calificación.

II. AVALIACIÓN XULLO:

Se o/a alumno/a non superase a materia na avaliación de maio/xuño, a nota obtida na avaliación continua desenvolvida durante o curso conservarase para a convocatoria do mes de xullo, consonte os mesmos criterios previstos para a primeira avaliación. Porén, se a calificación obtida na avaliación continua é a de suspenso, o/a alumno/a poderá optar por someterse ao sistema de avaliación final.

En todo caso, a nota obtida na avaliación continua non se conservará para convocatorias de cursos académicos posteriores. O/a alumno/a deberá someterse a un novo proceso de avaliación continua, agás que opte pola avaliación final teórica e práctica.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000