Guia docente 2012_13
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito do traballo e da seguridade social
   Contidos
Tema Subtema
PARTE I. INTRODUCCIÓN E FONTES

Tema 1. Concepto e ámbito aplicativo da disciplina
Presupostos configuradores. Especial referencia ao traballo “por conta allea” e a dependenza. O traballo autónomo. O Estatuto do Traballador Autónomo. O traballador autónomo económicamente dependente.
Exclusións legais. Traballos familiares e servizos benévolos. Conselleiros de sociedades.
Funcionarios públicos e demáis persoal estatutario. Prestacións persoais obrigatorias. Transportistas.
Relacións laborais de carácter especial. Persoal de alta dirección e asimilados. Servidores do fogar familiar. Penados nas institucións penitenciarias. Deportistas profesionais. Artistas en espectáculos públicos. Representantes de comercio. Similitude e diferencias cos axentes mercantís. Traballadores disminuídos en centros especiais. Estibadores portuarios. Avogados en despachos profesionais. Médicos residentes. Outras.
Referencia a traballos singulares.
Tema 2. Fontes do Dereito do Traballo Lexislación estatal. A Constitución.- Normas con rango de lei.- Regulamentos.- Normativa das Comunidades Autónomas.- O ámbito de aplicación da Lei do Reino de España. O Regulamento Comunitario 593/2009 (Roma I). O art. 1.4 ET.
Normas colectivas. O convenio colectivo. Concepto.- O art. 37 da Constitución. Eficacia do convenio.- Tipoloxía de convenios. Remisión.
Lexislación supraestatal. Tratados bilaterais e multilaterais.- Convenios e recomendacións da OIT.- Normativa da Unión Europea.
Outras fontes. Usos e costumes profesionais.- A xurisprudencia e a doutrina xudicial.- Os principios xerais do dereito.- Principios laborais: Respeto aos mínimos, norma máis favorable, condición máis beneficiosa, irrenunciabilidade de dereitos, pro operario.- O Dereito común.
PARTE II. A RELACIÓN INDIVIDUAL DE TRABALLO

Tema 3. O contrato de traballo
Concepto.- Partes: traballador e empresario.- Capacidade do traballador. A idade.- Estranxeiros e nacionais de Estados membros da Unión Europea.- Nulidade do contrato.- Forma. Presunción de contrato. Copia básica e dereitos de información do traballador.- Período de proba.
Tema 4. Intermediación, fomento do emprego e relacións triangulares de traballo
Intermediación
Servicios públicos de emprego e axencias de colocación.
Fomento do emprego. Subvencións e bonificacións.
Relacións triangulares de traballo. A descentralización productiva. Concepto e tipoloxía.- Contratas e subcontratas. Responsabilidade laboral, administrativa e de Seguridade Social. Dereitos informativos.- Cesión de traballadores e tráfico de man de obra.- Empresas de traballo temporal. Requisitos. Contrato de posta a disposición. Contrato de traballo. Relación do traballador coa empresa usuaria.- Sucesión da empresa.
Concepto. Responsabilidades solidarias. Facultades dos representantes legais.
Tema 5. Modalidades de contrato de traballo Contratos indefinidos. Ordinario. De apoio aos emprendedores. Fixo discontinuo.
Contratos formativos. Contrato para a formación.- Contrato en prácticas.
Contratos temporais estructurais. Obra ou servizo determinado.- Eventual.-Interinidade. Modalidades.
Contratos temporais de fomento do emprego. Discapacitados.- De relevo.- Por anticipación da idade de xubilación.
Regras xerais aplicables a tódolos contratos temporais.
Contrato a tempo parcial. Concepto. Forma.- Voluntariedade. Tránsito á xornada completa e viceversa.- Horas complementarias.
Tema 6. Obrigas do traballador Prestación do traballo.-Dilixencia e rendemento normal.-Obediencia e desobediencia lexítima.-A non concurrencia. Pactos de exclusividade e de permanencia.-Invencións “de servicio” e dereitos de explotación da propiedade intelectual.
Tema 7. A retribución Concepto. Clases de salarios. Non discriminación por razón de xénero. Presunción de salario.- Percepcións non salariais.- Estructura salarial. Salario base e complementos salariais.- Salario mínimo interprofesional.- Absorción e compensación.- Gratificacións extraordinarias.- Pagamento do salario. Mora e anticipos. Documentación.- Aseguramento do pagamento. O Fondo de Garantía Salarial. Os créditos salariais preferenciais. En caso de concurso. Protección procesal común do salario. Inembargabilidade.
Tema 8. A prevención de riscos laborais e outros deberes do empresario A prevención de riscos laborais. A LPRL e a súa normativa de desenvolvemento.- Dereitos e obrigas.- Servizos de prevención.- Consulta e participación dos traballadores.- Responsabilidades.
Outros deberes do empresario Respeto á dignidade do traballador e igualdade de tratamento.- O acoso por razón de sexo e o acoso sexual. O acoso moral.- Non discriminación por razón de xénero. Discriminacións directas e indirectas.- Ocupación efectiva.- Formación e promoción profesionais.
Tema 9. Tempo de traballo Regulación da xornada de traballo ordinaria. Xornada máxima.- Tempos de traballo e tempos de descanso.- Xornadas especiais.
Horas extraordinarias.
Distribución do tempo de traballo e do descanso. O calendario laboral.- O horario.- Traballo nocturno e a quendas.- Descansos semanais e festivos.- Vacacións anuais.- Permisos e outras ausencias do traballo.- Xornada e conciliación da vida familiar e laboral.
Tema 10. O poder de dirección do empresario e o ius variandi O poder de dirección do empresario. Concepto.
A clasificación profesional. O grupo profesional.- O encadramento e a polivalencia funcional.
Mobilidade funcional. Horizontal e vertical. Límites
Mobilidade xeográfica. Traslados. Desprazamentos. Referencia aos desprazamentos transnacionais.
Modificación sustancial das condicións de traballo.
Tema 11. Suspensión do contrato Concepto e efectos xerais. Reserva de posto e suspensión do salario.- Causas de suspensión: Mutuo acordo e causas válidamente consignadas no contrato. Incapacidade temporal e incapacidade permanente. Maternidade, adopción e acollemento. Paternidade. Risco durante o embarazo e lactación materna. Víctima de violencia de xénero. Privación de liberdade e prestacións persoais obrigatorias. Cargo público representativo e excedencia forzosa. Funcións sindicais.- Suspensións colectivas. Forza maior temporal e causas económicas, técnicas, organizativas e de producción. Folga e lockout. Suspensión disciplinaria.
Excedencia para coidado de fillos e para coidado de familiares.
Excedencia voluntaria.
Tema 12. A extinción do contrato Introducción. Concepto. Causas. O recibo de finiquito.
Por cumprimento e por vontade das partes. Por causas válidamente pactadas.-. Expiración do termo.- Por mutuo acordo.
Por desaparición ou incapacidade dunha das partes. Por causas atinentes ao empresario.- Por causas atinentes ao traballador
Por vontade unilateral do traballador. Dimisión e abandono.- Resolución causal por decisión do traballador
Por vontade unilateral do empresario. O concepto de despedimento.- Tipoloxía.
Tema 13. O despedimento O despedimento disciplinario e a potestade disciplinaria. Causas xustas (estatutarias e extraestatutarias).- Forma. Carta de despedimento, audiencia a delegados sindicais e expediente contradictorio. Outras.- Calificación e efectos. Procedente, improcedente e nulo.- O caso do despedimento tácito.- Outras sancións. Legalidade e tipicidade. Límites legais. Formalidades. Prescripción das infraccións.
O despedimento por causas obxectivas. Concepto e causas.- Requisitos e forma.- Calificación e efectos.
O despedimento colectivo. Concepto e causas.- O procedemento de regulación de emprego. Calificación e efectos
PARTE III. DEREITO COLECTIVO DO TRABALLO

Tema 14. Liberdade sindical e dereito de asociación empresarial
A liberdade sindical. Concepto.- Ámbito subxectivo.- As asociacións empresariais como suxeitos excluídos.- Contido esencial e adicional.- Tutela da liberdade sindical.
Sindicatos e organizacións empresariais. Réxime xurídico
Representatividade sindical e acción sindical. A maior representatividade e a suficiente representatividade.- A representatividade empresarial.
Tema 15. Participación dos traballadores na empresa Representación estatutaria. Delegados de persoal e comités de empresa.- Comité conxunto e comité intercentros.- Comités de empresa europeos.- Competências dos representantes. Garantías e prerrogativas.
Representación sindical. Seccións sindicais e delegados sindicais.
Asamblea de traballadores.
Tema 16. A negociación colectiva Suxeitos negociadores e ámbitos persoal, funcional, territorial e temporal. A lexitimación para negociar e as unidades de negociación.- A concurrencia de convenios.- Duración e sucesión de convenios.- A negociación colectiva extraestatutaria.- Os acordos de empresa.
O proceso de negociación dos convenios. Solicitude de negociación e constitución da comisión negociadora.- Validez. Forma, rexistro e publicación dos convenios.- Control da ilegalidade ou lesividade. Adhesión e extensión.
O contido dos convenios e a súa administración. Contido mínimo.- Contido normativo e obrigacional.- Interpretación e aplicación do convenio.
Tema 17. Conflictos colectivos e procedementos de solución Medidas de conflicto colectivo. O dereito de folga. Fontes reguladoras. Titularidade e limites: folgas ilegais e folgas ilícitas ou abusivas. Procedemento de desenvolvemento. Efectos. Folgas en servicios esenciais.- O peche patronal.
Procedementos de solución de conflictos colectivos. Especial referencia aos procedementos de conciliación, mediación e arbitraxe e ao procedemento de conflicto colectivo.
PARTE IV. DEREITO DA SEGURIDADE SOCIAL

Tema 18. O Sistema de Seguridade Social
Estructura do sistema de Seguridade Social. O modelo constitucional de Seguridade Social.- Nivel profesional ou contributivo.- Nivel asistencial ou non contributivo.- Réxime Xeral e Reximes Especiais da Seguridade Social.
Xestión da Seguridade Social. Entidades xestoras e servicios comúns.- Entidades colaboradoras.
Actos de encuadramento. Inscripción, afiliación, altas e baixas.
Financiación do Sistema de Seguridade Social. En particular, no Réxime Xeral. A obriga de cotización. Bases, tipos e cuotas
Tema 19. A acción protectora no Réxime Xeral da Seguridade Social Riscos profesionais e riscos comuns. Accidente de traballo, enfermidade profesional, enfermidade común e accidente non laboral. Referencia ao risco durante o embarazo, á lactancia natural e ao coidado de menores con cáncer ou enfermidade grave.
Tipoloxía e extensión da acción protectora. Definición, requisitos de acceso e cuantía: Asistencia santitaria. Incapacidade temporal. Maternidade, paternidade e risco durante o embarazo e a lactancia. Incapacidade permanente. Xubilación. Morte e supervivencia. Protección á familia. Desemprego.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000