Guia docente 2013_14
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Sistema xudicial español e proceso civil
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de resposta curta Ao longo do cuadrimestre realizaránse nas fechas indicadas polo profesor 2 pruebas tipo test e/ou pregunta curta (1 da parte de Sistema Judicial Español y 1 da parte
<br>de Proceso Civil). Estas probas non liberan materia de cara ao exame final.
25
Estudo de casos/análise de situacións Na data indicada polo profesor realizarase unha proba de carácter práctico consistente no estudo dun caso. Esta proba
<br>versará sobre a parte de Proceso Civil.
25
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Na data fixada no calendario oficial de exames, realizarase un exame
<br>teórico, que comprende toda a materia
50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Primeira avaliación (xaneiro):

O estudante debe elixir entre un sistema de avaliación continua ou a realización dun exame final.

a) Avaliación continua:

O estudante que se someta á avaliación continua realizará durante o cuadrimestre dúas probas teóricas, cuxa nota media constituirá o 25% da calificación final, e unha proba práctica que constituirá tamén o 25% da calificación final.

A avaliación completarase cun exame final que será escrito e realizarase na data fizada no calendario oficial de exames. Este exame representa o 50% da nota final, pero ten que ser superado cun 5 sobre 10 para que se sume á nota media obtida na avaliación continua. 

O estudiante que non se someta á avaliación continua realizará un exame final que representa o 100% da calificación da materia.  O exame constará de dúas partes: unha teórica e unha práctica. Para superar o exame e ter a condición de aprobado esíxese superar cada unha das partes, a parte teórica e a parte práctica. Una vez superadas, a nota global resultará da suma de ambas.

 

O exame final está sinalado para o día 8 de xaneiro ás 16:00h. Aulas: Magna e 1.4.

2. Segunda avaliación (xullo):

Consistirá para todos os alumnos nun examen final único que representa o 100% da calificación da materia.

O exame constará de dúas partes: unha teórica e outra práctica.

Para superar o exame e ter a condición de aprobado esíxese superar cada unha das súas partes, a parte práctica e a teórica. Unha vez superadas cada unha delas, a nota resultará da suma de ambas.

 

O exame de xullo, está fixado para o día 11 de xullo ás 10:00h na Aula Magna.

 

Por último, para aqueles alumnos que asistan á convocatoria de fin de carreira, o exame realizarase o día 14 de outubro ás 12:00h.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000