1. Primeira avaliación (xaneiro): O estudante debe elixir entre un sistema de avaliación continua ou a realización dun exame final. a) Avaliación continua: O estudante que se someta á avaliación continua realizará durante o cuadrimestre dúas probas teóricas, cuxa nota media constituirá o 25% da calificación final, e unha proba práctica que constituirá tamén o 25% da calificación final. A avaliación completarase cun exame final que será escrito e realizarase na data fizada no calendario oficial de exames. Este exame representa o 50% da nota final, pero ten que ser superado cun 5 sobre 10 para que se sume á nota media obtida na avaliación continua. O estudiante que non se someta á avaliación continua realizará un exame final que representa o 100% da calificación da materia. O exame constará de dúas partes: unha teórica e unha práctica. Para superar o exame e ter a condición de aprobado esíxese superar cada unha das partes, a parte teórica e a parte práctica. Una vez superadas, a nota global resultará da suma de ambas. O exame final está sinalado para o día 8 de xaneiro ás 16:00h. Aulas: Magna e 1.4. 2. Segunda avaliación (xullo): Consistirá para todos os alumnos nun examen final único que representa o 100% da calificación da materia. O exame constará de dúas partes: unha teórica e outra práctica. Para superar o exame e ter a condición de aprobado esíxese superar cada unha das súas partes, a parte práctica e a teórica. Unha vez superadas cada unha delas, a nota resultará da suma de ambas. O exame de xullo, está fixado para o día 11 de xullo ás 10:00h na Aula Magna. Por último, para aqueles alumnos que asistan á convocatoria de fin de carreira, o exame realizarase o día 14 de outubro ás 12:00h. |