Guia docente 2012_13
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito mercantil II
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral
Asistencia e participación activa
5
Estudo de casos/análises de situacións O alumnado que se someta a avaliación continua realizará, ao longo das sesións presenciais, casos prácticos, exercicios, cuestionarios,… que versarán sobre os contados da presente materia (contratos mercantís e títulos valores). Estas actividades poderán ser, eventualmente, recollidos polo profesor.
25
Probas de tipo test Todos os alumnos, con independencia do sistema polo que se opte (avaliación continua ou non), deberá realizar unha proba obxectiva sobre os contidos da materia 40
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Todos os alumnos, con independencia do sistema polo que se opte (avaliación continua ou non), deberá realizar unha proba obxectiva sobre os contidos da materia 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A) Os alumnos que se acollan ao sistema de avaliación continua deberán asistir regularmente ás clases presenciais (mínimo dun 80%). O sistema de avaliación continua esixirá, en todo caso, cumprir coa referida asistencia mínima e, ademais, requirirá unha participación activa e regular nas actividades/exercicios propostos que, de forma eventual e aleatoria, poderán ser recollidos polo profesor. Esas actividades representarán un 30% da cualificación global. O 70% restante da cualificación virá determinado pola PROBA FINAL, que consistirá nunha única parte teórica coas características descritas.


B) Os alumnos que non se acollan ao sistema de avaliación continua ou non o superaran (debido á súa non asistencia regular ás clases presenciales na porcentaxe indicada ou a que non realizaron de xeito satisfactorio as actividades propostas) serán evaluados en base a unha única PROBA FINAL que representará o 100% da cualificación global, e que consistirá nunha parte teórica e unha parte práctica.


Xa que logo, a PROBA FINAL constará de dous partes:


1. Parte teórica (70% da cualificación total): obligatoria para todos os alumnos, con independencia do sistema de avaliación que se siga.


2. Parte práctica (30% da cualificación total):


- terán que realizala os alumnos que, habéndose acollido ao sistema de avaliación continua, non a superaron de xeito satisfactorio


- terán que realizala os alumnos que non se acolleron ao sistema de avaliación continua.


* Non terán que realizar a parte práctica -nin no exame do mes de decembro, nin no exame do mes de xullo- os alumnos que superasen satisfactoriamente a avaliación continua.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000