Guia docente 2011_12
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito mercantil II
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Asistencia e participación activa 10
Estudo de casos/análises de situacións O alumnado que se someta a avaliación continua realizará, ao longo das sesións presenciais, casos prácticos, exercicios, cuestionarios,… que versarán sobre os contados da presente materia (contratos mercantís e títulos valores). Estas actividades poderán ser, eventualmente, recollidos polo profesor.
25
Titoría en grupo Asistencia e plantexamento de cuestións controvertidas 5
Probas de resposta curta Todo o alumnado, con independencia do sistema polo que se opte (avaliación continua ou non), deberá realizar unha proba obxectiva, sobre os contidos da materia 30
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Todo o alumnado, con independencia do sistema polo que se opte (avaliación continua ou non), deberá realizar unha proba obxectiva, sobre os contidos da materia 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A) Os alumnos que se acollan ao sistema de avaliación continua, deberán asistir regularmente as clases presenciais (mínimo dun 80% de cada un dos bloques de clases presenciais). A referida asistencia será valorada positivamente, así como a participación activa e regular nas actividades/exercicios propostos polo profesor, e que eventual e aleatoriamente serán recollidos. Estas actividades representarán un total do 40% da cualificación global. O 60% restante da cualificación virá determinado pola PROBA FINAL, que consistirá nunha única parte teórica, coas carácterísticas descritas.  


B) Os alumnos que non se acollan ao sistema de avaliación continua (debido á súa non asistencia regular ás clases presenciais na porcentaxe definida, ou debido a que non realizaron satisfactoriamente as actividades propostas) serán avaliados en base a unha única PROBA FINAL que representa o 100% da cualificación global, que consistirá dunha parte teórica, e dunha parte práctica.


En resume, a PROBA FINAL constará de dúas partes:


1. Parte teórica (60% da cualificación total): obrigatoria para todo o alumnado, con independencia do sistema de avaliación que se siga.


2. Parte práctica (40% da cualificación total):


- terán que realizala os alumnos que, acolléndose ao sistema de avaliación  continua, non a superaran satisfactoriamente


- terán que realizala  os alumnos que non se acolleron o sistema de avaliación continua.


* Non terían que realizar a parte práctica -nin no exame do mes de xaneiro, nin no exame do mes de xullo- , os alumnos que superasen satisfactoriamente a avaliación continuada.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000