Guia docente 2015_16
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito civil III. Familia e sucesións
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Aplicación dos coñecementos técnico-xurídicos, con referencia á xurisprudencia e as posiciós doctrinais que resulten axeitadas, para a resolución dos supostos plantexados. 20
Titoría en grupo Se adicarán duas sesións a profundizar na interrelación dos coñecementos e a preparación dun pequeno traballo individual que expondrase na última sesión. 10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento O exame consistirá no desenvolvemento de varias preguntas cortas ou largas que teñen que respostarse dacordo cos coñecementos adquiridos. Tamén poderán consistir nun análise de situacións. 70
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os alumnos que non se acollan á avaliación continua poderán facer un exame final no que se lle formularán, en relación cos contidos da materia, preguntas de resposta longa ou corta, análise de situacións e casos práticos. A cualificación máxima deste exame será de 100% do total.

O sistema de avaliación no segundo período, tanto para o alumno que se acolla á avaliación continua, como para o que non se acolla a ela, consistirá na realización dunha proba de resposta longa ou corta, análise de situacións e casos práticos que terá a descrición e cualificación sinalada na parte superior. Gardaranse e aplicaranse as outras cualificacións que tivese o alumno que se acolleu á avaliación continua.

Para a avaliación de fin de carreira realizarase unha proba de resposta longa ou curta, análise de situacións e casos prácticos que en conxunto comporán o 100% da cualificación.

Datas e lugares das probas de avaliación:

Serán as aprobadas pola Xunta da Facultade

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000