Guia docente 2013_14
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito penal II
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de tipo test Haberá dúas probas de tipo test, cualificadas cada unha delas de 0 a 10 puntos. A nota media de ambas probas constituirá o 50% da cualificación final (o outro 50% corresponde ao exame final)

Cada unha delas farase na data establecida polo profesor da materia.

Consistirán en preguntas sobre a parte correspondente do temario, indicada polo coordinador de materia.
50
Outras EXAME FINAL:

Será unha proba tipo test na que se incluirá a totalidade do temario que terá lugar o día 30 de maio, ás 17:00 h., na Aula Magna da Fac. de Dereito (data e lugar aprobados na Comisión Permanente da Fac. de Dereito do 14 de xuño de 2013).
50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Primeira oportunidade (xaneiro 2014).

a) Ao comezo do curso, a/o alumna/o deberá manifestar a súa
vontade de acollerse ao sistema de avaliación continua. A tal fin, o
coordinador da materia proporcionaralle un documento que a/o alumna/o deberá
cubrir e asinar.

b) A/O alumna/o que se acolla ao sistema de avaliación
continua, entregando o documento sinalado, será avaliada/o consonte aos
criterios previamente establecidos (50% probas tipo test e 50% exame final) e
non terá dereito a ser avaliada/o nesta oportunidade conforme a un exame final
que represente o 100% da cualificación na materia.

c) A/O alumna/o que non cubra e entregue o devandito
documento non terá dereito a ser avaliada/o conforme ao sistema de avaliación
continua, podendo realizar nesta oportunidade un exame final que constitúe o
100% da cualificación na materia. O exame final realizarase o día 30 de Maio
de 2014, ás 17:00 h., na Aula Magna da Fac. de Dereito (data e lugar aprobados
na Comisión Permanente da Fac. de Dereito do 14 de xuño de 2013) a e consistirá
nunha proba tipo test única que abranguerá todo o temario da materia.

2. Segunda oportunidade (xullo 2014).

Consistirá para todas/os as/os alumnas/as nun exame final
coa forma dunha proba tipo test que abranguerá todo o temario da materia e
suporá o 100% da cualificación, que terá lugar o día 10 de xullo de 2014, ás 10:00
h., na Aula Magna da Fac. de Dereito (data e lugar aprobados na Comisión
Permanente da Fac. de Dereito do 14 de xuño de 2013).

3. Convocatoria de "fin de carreira" (outubro
2013).

Para aquelas/es alumnas/os que se matriculen na convocatoria
de "fin de carreira", o exame consistirá nunha proba tipo test que
abranguerá todo o temario da materia e suporá o 100% da cualificación, que terá
lugar o día 22 de outubro de 2013, ás 10:00 h., no lugar que fixe a Xunta de
Facultade (data aprobada na Comisión Permanente da Fac. de Dereito do 14 de
xuño de 2013).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000