Guia docente 2013_14
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito mercantil I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Evaluaráse a atitude e a participación do alumno na dinámica da clase, as cuestions e/ou preguntas que formule, asi como a exposición oral de temas sobor da materia. 30
Traballos tutelados O estudante presenta o resultado obtido na elaboración de un documento sobor da temática da materia, na preparación de exposicions, memorias, investigacions, resumo de lecturas e películas, conferencias, etc.
Pode levarse a cabo, según os casos, de forma individual ou en grupo, oral ou escrita.
30
Probas de resposta curta Probas para a avaliación das competencias adquiridas, que incluen preguntas directas sobor dun aspecto concreto da materia estudada.
40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

 O inicio do curso, os alumnos deberán manifestala sua intención -ou non- de acollerse o sistema de avaliación continua.


Primeira oportunidade de exame (convocatoria de maio: 27 de maio de 2014, as 10 horas, na Aula Magna e aula 1.4)


A. O alumno que se acolla o sistema de avaliación continua, será avaliado consonte os criterios que se indicaron máis arriba. Estes alumnos nunca será avaliados mediante un exame final que represente o 100% da calificación final.


B. O alumno que non se acolla o sistema de avaliación continua, deberá somerterse a unha proba final obxectiva (exame final) que representará o 100% da súa calificación.


Segunda convocatoria de exame (convocatoria de xullo: 8 de xullo de 2014, as 16 horas, na Aula Magna):


No exame da convocatoria de xullo so se realizará unha proba final obxectiva e a sua valoración dependerá de se o alumno se acolleu ó sistema de avaliación continua (40%) ou non (100%).


Así os alumnos que se someteron ó sistema de avaliación continua, conservaráselle a nota de dito sistema. Esto é, se o alumno non aprobase a materia na convocatoria de maio (primeira oportunidade de exame), non perdería a calificación obtida ó longo do proceso de avaliación continua, xa que se conservaría dita nota.


 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000