1. Primeira oportunidade (xaneiro 2014). a) Ao comezo do curso, a/o alumna/o deberá manifestar a súa vontade de acollerse ao sistema de avaliación continua. A tal fin, o coordinador da materia proporcionaralle un documento que a/o alumna/o deberá cubrir e asinar. b) A/O alumna/o que se acolla ao sistema de avaliación continua, entregando o documento sinalado, será avaliada/o consonte aos criterios previamente establecidos (50% probas tipo test e 50% exame final) e non terá dereito a ser avaliada/o nesta oportunidade conforme a un exame final que represente o 100% da cualificación na materia. c) A/O alumna/o que non cubra e entregue o devandito documento non terá dereito a ser avaliada/o conforme ao sistema de avaliación continua, podendo realizar nesta oportunidade un exame final que constitúe o 100% da cualificación na materia. O exame final realizarase o día 17 de xaneiro de 2014, ás 10:00 h., na Aula Magna da Fac. de Dereito (data
e lugar aprobados na Comisión Permanente da Fac. de Dereito do 14 de
xuño de 2013) a e consistirá nunha proba tipo test única que abranguerá todo o temario da materia. 2. Segunda oportunidade (xullo 2014). Consistirá para todas/os as/os alumnas/as nun exame final coa forma dunha proba tipo test que abranguerá todo o temario da materia e suporá o 100% da cualificación, que terá lugar o día 4 de xullo de 2014, ás 10:00 h., na Aula Magna da Fac. de Dereito (data
e lugar aprobados na Comisión Permanente da Fac. de Dereito do 14 de
xuño de 2013). 3. Convocatoria de "fin de carreira" (outubro 2013). Para aquelas/es alumnas/os que se matriculen na convocatoria de "fin de carreira", o exame consistirá nunha proba tipo test que abranguerá todo o temario da materia e suporá o
100% da cualificación, que terá lugar o día 18 de outubro de 2013, ás 16:00 h., no lugar que fixe a Xunta de Facultade (data aprobada na Comisión Permanente da Fac. de Dereito do 14 de
xuño de 2013). |