Guia docente 2013_14
Facultad de Derecho
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito internacional público
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Os coñecementos adquiridos na sesión maxistral serán avaliados mediante unha proba escrita na que se exporán cuestións de desenvolvemento sobre epígrafes do programa. Esta proba escrita valorarase ata un máximo de 8 puntos.
Aqueles alumnos que opten polo sistema de evaluación continúa, deben ter unha nota mínima nesta proba dun 3,5 para que se some a nota dos traballos na aula.
As datas da esta proba escrita serán:
-1ª oportunidade: 9 xaneiro, ás 10:00h. Aula Magna e aula 1.4
-2ª oportunidade: 30 de xuño, ás 17:00h. Aula Magna
80
Resolución de problemas e/ou exercicios O traballo de aula valorarase en atención a dous criterios: por unha banda, os casos prácticos e traballos que sexan obxecto de exposición na aula, así como, por outra banda, mediante os casos prácticos que deberán ser entregados ao profesor. Este traballo de aula valorarase ata un máximo de 2 puntos. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O primeiro día de clase, entregaráselles unha "ficha de opción de avaliación", que deberán entregar ao profesor, no prazo dunha semana, e na que deben optar entre o sistema de avaliación continua ou o sistema de avaliación final. Se optan pola avaliación continúa, na primeira opoturnidade de exame, non poderán acudir á modalidade de avaliación final.

Aqueles alumnos que non se sometan á avaliación continúa , a proba a realizar , modalidade avaliación final, constará de dous partes: a realización dunha proba escrita con cuestións de desenvolvemento así como a resolución dun caso práctico, exame que, en todo caso, representará el 100% da cualificación.

Os alumnos que, optando polo "sistema de *evalución continúa", non superen a materia na primeira oportunidade, conservaráselles a nota que obtivesen na avaliación continua cando se presenten á segunda oportunidade (exame de xuño)

O exame correspondente á Convocatoria "Fin de carreira" desenvolverase igual que o da modalidade avaliación final. A data desta proba será o 15 de outubro ás 16:00h.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000