Guia docente 2011_12
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito civil I. Obrigas e contratos
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Examen final: proba para a avaliación das competencias que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa. 75
Estudo de casos/análise de situacións Formulación dunha situación ou problemática xa dada, ou que poda darse, partindo dos diferentes factores involucrados, da análise dos antecedentes, das condicións,da situación, etc. 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para que un alumno se poda acoller ó sistema de evaluación continua, deberá asinar o documento que, a tal efecto, se lle presente polo profesor. 


O alumno que non se acolla á avaliación continua poderá facer un exame final no que se lle formularán, en relación cos contidos da materia, preguntas de resposta longa e terá que resolver un suposto práctico sobre a materia. A cualificación das respostas longas suporá o 75% da cualificación do exame, e a resolución do caso práctico representará o 25% restante. 


O sistema de avaliación na segunda oportunidade, tanto para o alumno que se acolla a avaliación continua como para o que non se acolla, consistirá na realización dun exame, que terá a descrición e cualificación sinalada no párrafo anterior.  

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000