Guia docente 2010_11
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito civil I. Obrigas e contratos
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Estudo de casos/análises de situacións Formulación dunha situación ou problemática xa dada, ou que pode darse, partindo dos diferentes factores involucrados, da análise dos antecedentes, das condicións, da situación, etc. 20
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Probas para a avaliación das competencias que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa. 60
Outras O estudante presenta o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia, na preparación de seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc.
Lévase a cabo en grupo, de forma oral ou escrita. O profesor valorará o 80% da cualificación do traballo, mentres que o 20% restante será por valoración inter pares.


10
Outras Asistencia á docencia presencial mediante controis aleatorios. Tolerarase un máximo de cinco ausencias, salvo causa xustificada.
10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno que non se acolla á avaliación continua poderá facer un exame final no que se lle formularán, en relación cos contidos da materia, preguntas de resposta longa. A cualificación máxima deste exame será dun 60% do total.


O sistema de avaliación na segunda convocatoria, tanto para o alumno que se acolla a avaliación continua, como para o que non se acolla, consistirá na realización dunha proba de resposta longa, que terá a descrición e cualificación sinalada na parte superior. Se gardarán e aplicarán as outras cualificacións que tivera o alumno acollido á avaliación continua.  

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000