Guia docente 2014_15
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito administrativo I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Valórase a participación activa do estudante, é dicir, a asistencia acompañada de participación de calidade. A mera asistencia pasiva non se valora en absoluto. 17
Presentacións/exposicións Valórase a participación activa do estudante, é dicir, a asistencia acompañada de participación de calidade. A mera asistencia pasiva non se valora en absoluto. 16
Resolución de problemas e/ou exercicios Valórase a participación activa do estudante, é dicir, a asistencia acompañada de participación de calidade. A mera asistencia pasiva non se valora en absoluto. 17
Probas de resposta curta O exame constará de varias preguntas (prácticas e/ou teóricas) curtas, a responder en espazo reducido e con tempo reducido. Os estudantes poderán contar co apoio de textos legais ao longo de todo o exame, de acordo coas instrucións que lle facilite o profesor 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Se algún alumno, polas razóns que for (que non é necesario xustificar) non pode vir con regularidade a clase e participar na avaliación continua, pode ANTES DE QUE TERMINE O MES DE SETEMBRO, solicitar por escrito que a súa cualificación final derive nun 100% do exame. 

A avaliación continua supón en total un 50% da nota. A división (17% + 17% + 16%) que figura no cadro superior é meramente orientativa, pois o resultado final será a valoración conxunta da participación activa do alumno nas distintas actividades.

Para superar a materia é necesario obter alomenos un APROBADO no exame.

Os exames realizaranse na Facultade de Dereito nas datas e horas previstas no calendario oficial aprobado pola Facultade e publicado (xunto coas aulas correspondentes) no taboleiro de anuncios da Facultade e na súa web institucional: http://dereito.uvigo.es/ 

A realización por parte do estudante de cualquier maniobra fraudulenta encaminada a incidir positivamente en su calificación generará automáticamente el suspenso con un "0", sin perjuicio de la posible comunicación a la autoridades académicas correspondientes por si fuera procedente el inicio de un expediente disciplinario.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000