Guia docente 2013_14
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Informática: Novas tecnoloxías aplicadas ao dereito
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de autoavaliación Realizaranse, a través da plataforma Faitic, cuestionarios de autoavaliación para validar a adquisición de competencias por parte do alumno.
Realizarase un cuestionario ao finalizar cada un dos temas de teoría e para determinadas sesións de resolución de problemas e exercicios.
40
Outras Realizarase un exame de respostas curtas, opción múltiple e/ou relacionar.
10
Outras A avaliación de certas actividades realizarase empregando rúbricas. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A asignatura divídese en dúas partes: teoría e práctica.

A nota final obterase aplicando a seguinte fórmula:

nota teoría x 20% + nota práctica x 80%

Sendo necesario, para poder aplicar esta fórmula, obter unha calificación mínima dun 4 en cada unha das partes. Para superar a asignatura o alumno debe obter como nota final unha cualificación igual o superior a 5.

A parte práctica divídese en seis bloques: procesador de textos avanzado, folla de cálculo, bases de datos xurídicas, ofimática en liña, blogs e outras ferramentas da Web 2.0.

Para superar a parte práctica será necesario obter unha puntuación mínima de 4 en cada un destes bloques.

O alumno poderá elexir o sistema de evaluación que lle será aplicado na materia. Nos primeiros quince días do cuatrimestre, o alumno deberá elexir entre seguir unha evaluación continua ou un Examen Final único. Para tal fin, habilitarase un contrato que deberá ser firmado por todo aquel alumno que desexe seguir un método de evaluación continua. Si algún alumno non firma este contrato enténdese que opta por un examen final único e renuncia á evaluación continua.

Na segunda oportunidade (xullo) realizarase unha proba final que englobará todo o visto ao longo do cuadrimestre. A esta proba final, os alumnos que optaron por evaluación continua, sólo acudirán con aqueles bloques suspensos.

Datas de avaliación Finais:

  • 1ª Opción (só valida para alumnos/as que opten pola modalidade de non asistentes): 23 maio, 17:00 horas
  • 2ª Opción: 23 xuño, 17:00 horas
  • Fin de carreira: 16 outubro, 16:00 horas
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000