Guia docente 2013_14
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Historia: Historia do dereito
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Estudo de casos/análises de situacións Formulación dunha situación ou problemática xa dada ou que pode darse, partindo dos diferentes factores involucrados, da análise dos antecedentes, das condicións, da situación, etc. 20%
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Probas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. O alumnado debe desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que posúe sobre a materia. A resposta debe ser extensa. A proba realizarase ao final do cuadrimestre. É necesario obter nesta proba unha nota mínima de un tres con cinco para poder acumular as outras calificacións.
As datas de celebración desta proba serán os días 18 de outubro de 2013 (Fin de Carreira). O 19 de maio as 17,00 hs e o 27 de xuño as 10 hs. do ano 2014.
70
Traballos e proxectos Exposición oral por parte do alumnado dun tema concreto ou dun traballo (previa presentación escrita). 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As cualificacións obtidas no estudo de casos/análise de situacións e nos traballos e proxectos manteránse soamente nas probas da avaliación de Xullo do mesmo curso académico.

Os alumnos que non fixeran ningunha das devanditas probas durante o curso, por non asistir e non seguir ca evaluación continua, poderán:

a) tanto no segundo período (xuño) como nas probas de avaliación de xullo, realizar xunto co exame de resposta extensa, un estudo de casos, para poder obter o 90% da calificación total.

b) suplir a realización da proba correspondente a  traballos  e proxectos,  respondendo de forma oral,  as preguntas formuladas polo profesor sobor da materia  obxecto dos traballos solicitados na evaluación continua ao longo de 15 minutos. Esta opción só será válida si é comunicada ao  profesor con un mes de antelación a realización do exame de resposta extensa.  Deste xeito poderán optar ao 100% da calificación final. 

Os alumnos da convocatoria de fin de carreira serán avaliados do mesmo xeito, mais ao non conservarselle a nota de avaliación continua tendrán a oportunidade de optar ao 100% da nota coa realización das opción descritas anteriormente nos párrafos a) e b). 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000