Guia docente 2011_12
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Historia: Historia do dereito
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Estudo de casos/análises de situacións Formulación dunha situación ou problemática xa dada ou que pode darse, partindo dos diferentes factores involucrados, da análise dos antecedentes, das condicións, da situación, etc. 20%
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Probas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. O alumnado debe desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que posúe sobre a materia. A resposta debe ser extensa. A proba realizarase ao final do cuadrimestre. Para aprobar é necesario obter como nota mínima un tres. 60%
Traballos e proxectos Exposición oral por parte do alumnado dun tema concreto ou dun traballo (previa presentación escrita). 20%
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As cualificacións obtidas no estudo de casos/análise de situacións e nos traballos e proxectos manteránse soamente nas probas da avaliación de Xullo do mesmo curso académico.


Os alumnos que non fixeran ningunha das devanditas probas durante o curso, por non asistir e non seguir ca evaluación continua, deberán, tanto no segundo período (xuño) como nas probas de avaliación de xullo, realizar xunto co exame de resposta extensa, un estudo de casos, neste suposto a calificación máxima será do 80% sen poder optar a calificación correspondente a traballos e proxectos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000