Guia docente 2010_11
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Historia: Historia do dereito
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Estudo de casos/análises de situacións Formulación dunha situación ou problemática xa dada ou que pode darse, partindo dos diferentes factores involucrados, da análise dos antecedentes, das condicións, da situación, etc. 20%
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Probas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. O alumnado debe desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que posúe sobre a materia. A resposta debe ser extensa. A proba realizarase ao final do cuadrimestre. Para aprobar é necesario obter como nota mínima un tres. 60%
Traballos e proxectos Exposición oral por parte do alumnado dun tema concreto ou dun traballo (previa presentación escrita). 20%
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As cualificacións obtidas no estudo de casos/análise de situacións e nos traballos e proxectos manteranse na segunda convocatoria. Os alumnos que non fixeran ningunha das devanditas probas por non asistir e non seguir coa avaliación continua, poderán, tanto na primeira como na segunda convocatoria, realizar xunto co exame de resposta extensa, un estudo de casos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000