Guia docente 2009_10
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Historia do dereito
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Estudo de casos/análises de situacións Análise dun feito, problema ou caso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución. A asistencia ás clases é obrigatoria agás causa xustificada.
Titoría en grupo Entrevistas que o alumno mantén co profesorado da materia para asesoramento/desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.
Sesión maxistral As clases teóricas impartiranse a través de leccións maxistrais, nas que se fará unha exposición por parte do profesor das cuestións principais de cada un dos temas e se dará unha orientación bibliográfica.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000