Guia docente 2013_14
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Empresa: Fundamentos de contabilidade e finanzas
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Estudo de casos/análise de situacións Desenvolvemento e exposición dun traballo sobre a análise económica-financeiro dunha empresa cotizada na Bolsa española.
Data de entrega: 21/04/2014 e exposición na aula
10
Resolución de problemas e/ou exercicios Exercicios prácticos sobre o contido impartido en clase para profundar de modo autónomo na materia. Entregaranse e corrixirán na aula. 20
Probas de tipo test Cuestións de teoría, non eliminatorias porque o seu obxectivo é comprobar periodicamente o nivel de comprensión da materia. 10
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización dun exame teórico-práctico sobre o contido da materia. 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As persoas que desexen acollerse á avaliación contínua, deben REALIZAR e SUPERAR o 80% das actividades de avaliación contínua (test, entregables e traballo)  para poder acollerse ao devandito sistema de avaliación. As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2013-14


O conxunto de avaliación continuada só se valoran nas convocatorias que corresponden ao curso académico no que se realizan.


Por último, lembrar que aqueles alumnos que non desexen acollerse á avaliación contínua ou que non a superaron, terán unha cualificación da materia composta 100% pola nota do exame final que consistirá nunha proba escrita presencial nas datas previstas, sobre os coñecementos de todos os contidos da materia, destrezas prácticas e adaptación a novas situacións.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000