Guia docente 2013_14
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito: Dereito constitucional II
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Presentación por escrito de análises de textos e análises críticas de lecturas propostas ao longo do curso. 20
Traballos tutelados Elaboración de traballos tutelados sobre algún contido do programa, así como de cursos ou xornadas científicas que incidan ou desenvolvan o contido do programa da materia. 20
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Desenvolvemento por escrito dunha pregunta do programa. 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Será condición imprescindible para contabilizar a avaliación continua obter un mínimo de 5 sobre 10 na proba de resposta longa.

Aqueles alumnos que, por circunstancias persoais ou profesionais, non poidan participar de maneira presencial no

desenvolvemento do curso poderán presentar por escrito os diferentes traballos realizados ao mesmo tempo que os

asistentes. Isto suporalles un 50% da avaliación final e a proba de resposta longa o outro 50% da avaliación final.

Aqueles alumnos que non poidan participar no desenvolvemento do curso de maneira presencial terán unha avaliación final


que implicará o desenvolvemento por escrito de dúas preguntas longas que se incluirán no programa e suporán o 80% da


avaliación e una pregunta práctica que suporá o 20% da avaliación.


Tanto estes últimos alumnos como os anteriores gozarán de atención personalizada nas titorías individualizadas (previa cita)


cando así o desexen.


Na segunda convocatoria diferenciaranse as seguintes modalidades:


a) Para os alumnos presenciais: terán que ser avaliados daquela parte da programación docente que non superasen durante


o curso. b) Para aqueles alumnos que participan, aínda que non o fan de maneira presencial na súa totalidade: terán que


superar aquela parte da programación docente que non superasen. c) Para aqueles alumnos que se presentasen


unicamente a unha avaliación final e non a superasen: deberán repetir esa mesma modalidade de avaliación na súa


totalidade.

No referente ás probas de avaliación, estas desenvolveranse segundo o calendario seguinte:

- Ordinaria (maio 2014): Día 29 de maio de 2014 (10:00 horas). Lugar: Aula Magna e aula 1.4.

- Extraordinaria (xullo 2014): Día 9 de xullo de 2014 (16:00 horas). Lugar: Aula Magna.

- Fin de carreira: Día 22 de outubro de 2014 (16:00 horas).