Guia docente 2009_10
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito constitucional II
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Presentación e exposición dos traballos realizados polos alumnos/as en grupo ou individualmente. 30
Traballos tutelados Elaboración de traballos tutelados sobre algún contido do programa. 30
Probas de autoavaliación Presentación por escrito de análise de textos e análises críticas de lecturas propostas ao longo do curso. 20
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Desenvolvemento por escrito dunha pregunta do programa. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación









Aqueles alumnos/as que por circunstancias persoais ou profesionais non poidan participar
presencialmente no desenvolvemento do curso poderán presentar por escrito os
diferentes traballos realizados ao mesmo tempo que os asistentes, o cal lles
suporá un 50% da avaliación final, mentres que a proba de resposta longa
suporá o outro 50% da avaliación final.



Aqueles alumnos/as que non poidan participar no desenvolvemento do curso
presencialmente terán unha avaliación final que suporá o desenvolvemento por escrito de dúas preguntas longas do programa e suporá o
100% da avaliación.



Tanto estes últimos alumnos coma os anteriores gozarán de atención
personalizada nas titorías individualizadas previa cita cando o desexen.



Na segunda convocatoria diferenciaranse as seguintes modalidades: A) Para os
alumnos/as presenciais: terán que avaliarse daquela parte da programación
docente que non superasen durante o curso. B) Aqueles alumnos/as que
participan, aínda que non presencialmente na súa totalidade: terán que
superar aquela parte da programación docente que non superasen. C) Aqueles
alumnos/as que, presentándose unicamente a unha avaliación final, non a
superen, deberán repetir esa mesma modalidade de avaliación na súa
totalidade.




Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000