Guia docente 2013_14
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Economía: Principios de economía
   Recomendacións


 
Outros comentarios
-É necesario traer o DNI ou documento análogo cando teña lugar a realización dos exames. O incumprimento deste requisito pode ter como consecuencia que o alumno non realice o exame en cuestión. -Con carácter xeral, será necesario o uso de calculadora nas clases da materia e nos exames. - Por razóns pedagóxicas é altamente recomendable a asistencia regular a clase (tanto ás clases teóricas como prácticas). Sen dúbida, a asistencia regular ás clases fará que a dificultade de superar a materia sexa notablemente máis baixa. Así, o alumno poderá aproveitarse dun ritmo de traballo continuo e da exposición de contidos teóricos e prácticos feitos na aula polos seus compañeiros e o profesor. -É moi recomendable o traballo en grupo. En particular, á hora de realizar os exercicios da materia pode ser frutífero intercambiar ideas sobre as dificultades atopadas; esta estratexia permitirá afondar nos coñecementos da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000