Guia docente 2013_14
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Economía: Principios de economía
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Exame escrito: haberá un exame parcial liberatorio de contido tanto teórico como práctico da primeira metade da materia na semana 9-10 e un exame final que se realizará na data oficial establecida no calendario de exames, o 10 de Xaneiro as 16:00. Os alumnos que superen o exame parcial só terán que examinarse no exame final da segunda parte do programa. Os alumnos que non superen o exame parcial terán que examinarse de toda a materia no exame final.
<br>
60
Resolución de problemas e/ou exercicios
Controis periódicos de resolución de exercicios que se realizarán nos grupos medianos.
40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Na 1ª oportunidade a nota final da materia constará de dúas partes. Por un lado, un exame escrito que valerá ata un 60% da nota (6 puntos) e doutra banda, a avaliación continua que pesará ata un 40% na nota final (4 puntos).

Examen escrito (ata 6 puntos): Haberá un exame parcial liberatorio de contido tanto teórico como práctico da primeira metade da materia na semana 9-10 e un exame final que se realizará na data oficial establecida no calendario de exames, o 10 de Xaneiro as 16:00. Os alumnos que superen o exame parcial só terán que examinarse no exame final da segunda parte do programa. Os alumnos que non superen o exame parcial terán que examinarse de toda a materia no exame final. A nota obterase como a media aritmética das dúas partes da materia ou, en caso de suspender o exame liberatorio, a nota do exame final.

Avaliación continua (ata 4 puntos): o 40% restante da nota obterase mediante avaliación continua coa realización de controis periódicos que consistirán na resolución de exercicios e que se levarán a cabo nas clases prácticas. Se considerará que o estudante se acolle á avaliación continua cando se presente a algún control periódico. En caso contrario, os alumnos deberán realizar un exame escrito desta parte que consistirá na resolución de problemas ou exercicios na data oficial establecida para o exame final.

Segunda oportunidade:

 Os alumnos que obteñan unha puntuación inferior a 5 puntos na nota global da 1ª oportunidade terán unha segunda oportunidade para superar a materia o 30 de Xuño as 10:00. Nesta 2ª oportunidade, o alumno deberá realizar un exame final cando suceda algunha das dúas circunstancias ou ambas: a) Cando no exame escrito realizado na 1ª oportunidade a puntuación sexa inferior a 3 puntos dos 6 máximos posibles. Neste caso o estudante deberá realizar un exame teórico-práctico que ponderará un 60% da nota total. b) Cando na parte de "Resolución de exercicios" da 1ª oportunidade a puntuación sexa inferior a 2 puntos dos 4 máximos posibles. Neste caso o estudante deberá realizar un exame escrito de resolución de exercicios cunha ponderación do 40% na nota total.

Na 2ª oportunidade se conservará a nota da parte da materia que o alumno tivera superada na 1ª oportunidade, xa sexa esta a parte escrita ou a avaliación continua.

 NOTA IMPORTANTE: Tanto na 1ª como na 2ª oportunidade, para superar a materia o estudante deberá obter polo menos 2 puntos (sobre un máximo de 6 puntos) no exame escrito.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000