Guia docente 2009_10
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Principios de economía
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Exame escrito: haberá un exame parcial liberatorio de contido tanto teórico como práctico da primeira metade da materia (módulos A, B, e C) na semana 9-10 e un exame final que se realizará na data oficial establecida no calendario de exames. Os alumnos que superen o exame parcial só terán que examinarse no exame final da segunda parte do programa (módulos D e E). Os alumnos que non superen o exame parcial terán que examinarse de toda a materia no exame final.
Para poder aprobar a materia será requisito imprescindible ter obtido como mínimo dous puntos dos seis posibles neste primeiro bloque. A nota obterase como a media aritmética das dúas partes da materia ou a nota do exame final.

Ata o 60
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividades relacionadas coas prácticas. Poderán consistir en entrega de exercicios resoltos, exposición de exercicios no encerado, controis periódicos, traballos, etc. Ata o 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación












Tanto na 1ª como
na 2ª convocatoria, a nota final da materia constará de dous bloques. Por un
lado, un exame escrito que valerá ata un 60% da nota (6 puntos) e doutra
banda, a avaliación continua que pesará ata un 40% na nota final (4 puntos).



Exame escrito (Ata 6 puntos): haberá 1 exame parcial liberatorio de contido
tanto teórico como práctico da primeira metade da materia (módulos A, B, e C)
na semana 9-10 e un exame final que se realizará na data oficial establecida
no calendario de exames. Os alumnos que superen o exame parcial só terán que
examinarse no exame final da segunda parte do programa (módulos D e E ). Os
alumnos que non superen o exame parcial terán que examinarse de toda a
materia no exame final.

Para poder aprobar a materia será requisito imprescindible ter obtido como
mínimo dous puntos dos seis posibles neste primeiro bloque. A nota obterase
como a media aritmética das dúas partes da materia ou, en caso de suspender o
exame liberatorio, a nota do exame final.



Avaliación continua (ata 4 puntos): o 40% restante da nota obterase mediante
a avaliación continua do alumno, o que inclúe a asistencia tanto ás clases
teóricas como ás clases prácticas e aos seminarios, a entrega de follas de
exercicios, a entrega de traballos e a nota dos pequenos controis que
periodicamente se poidan facer. Concretamente a puntuación será a seguinte:

- 1 punto pola asistencia ás clases teóricas, clases prácticas e seminarios.
Para obter este punto o alumno deberá asistir polo menos ao 80% das clases
teóricas e ao 80% do resto das actividades.

- Ata 3 puntos polo resto das actividades como son as notas dos controis
periódicos, os traballos relacionados coas prácticas de laboratorio, a
entrega de follas de problemas, etc.



NOTA IMPORTANTE: Como xa se mencionou, para superar a materia, o estudante
deberá obter polo menos 2 puntos (un 33% sobre un máximo de 6 puntos) no
exame escrito. A cualificación final calcularase, neste caso, mediante a suma
das notas no exame escrito e na avaliación continua.


 


 


 




 


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000