Guia docente 2009_10
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito romano
   Contidos
Tema Subtema
I.- Introdución histórica e fontes TEMA 1. Evolución histórica do Dereito romano. 1. Periodificación histórica.
2. Dereito romano arcaico.
3. A República.
4. O principado.
5. O dominado.
6. Xustiniano.

TEMA 2. Fontes do Dereito romano.
1. O Dereito romano primitivo: a lei das XII táboas.
2. O Dereito na época republicana: ius civile, ius gentium e ius honorarium.
3. O Dereito clásico durante o principado: a xurisprudencia.
4. O Dereito romano posclásico: Dereito vulgar. 5. O Corpus Iuris Civilis de Xustiniano.
II.- Institucións de Dereito privado romano
a) Conceptos de Dereito. Suxeitos negocio xurídico
b) O proceso civil romano
c) Dereito reais
TEMA 1. Dereito obxectivo e Dereito subxectivo. 1. O Dereito obxectivo e as súa fontes.
2. A aplicación da norma e o problema da súa interpretación.
3. O Dereito subxectivo.
4. Clasificacións romanas do Dereito.

TEMA 2. A persoa como suxeito de Dereito.
1. Concepto romano de persoa.
2. Nacemento e extinción da persoa física.
3. Proba do nacemento e da morte.
4. Capacidade xurídica de obrar.
5. Causas que poden modificar a capacidade de obrar.

TEMA 3. Os estatus da persoa física (1)
1. Status libertatis: libres e escravos.
2. Situación xurídica e social do escravo.
3. Causas da escravitude.
4. Modos de extinción da escravitude. Manumisións.
5. Situacións de liberdade diminuída afíns á escravitude.

TEMA 4. Os estatus da persoa física (2) 1.Status civitatis: Cives romani, latini, peregrini. 2. Adquisición e perda da cidadanía.
3. Status familiae: o Paterfamilias e os sometidos ao seu poder (patria potestas, manus, mancipium).
4. A capitis deminutio.

TEMA 5. As persoas xurídicas no Dereito romano.
1. Observacións históricas.
2. Populus romanus, municipia, collegia, sodalitates.
3. As fundacións.
4. O problema da hereditas iacens.

TEMA 6. O negocio xurídico: elaboración pandectística.
1. Feitos xurídicos.
2. Concepto de negocio xurídico.
3. Elementos esenciais do negocio xurídico: forma, contido e causa.
4. Clases de negocios xurídicos.
5. Representación.
6. Elementos accidentais do negocio xurídico: condición, termo e modo.
7. Invalidez e anormalidade do negocio xurídico.

TEMA 7. Introdución ao estudo do proceso romano.
1. Da xustiza privada á administración pública da xustiza.
2. Conceptos previos: proceso e relación procesual, xurisdición, acción e Dereito subxectivo.
3. Distintos tipos de procesos ordinarios civís.
4. A administración da xustiza en Roma.

TEMA 8. O procedemento das legis actiones.
1. Nocións xerais.
2. Clases: Legis actio sacramento, Legis actio per iudicis arbitrive postulationem, Legis actio per condictionem, Legis actio per manus iniectionem, Legis actio per pignoris capionem. 3. Valoración de conxunto.

TEMA 9. O procedemento formulario: nocións introdutorias.
1. Orixe e características do procedemento formulario.
2. A organización xudicial: maxistrados, a competencia e os demais límites da iurisdictio. Xuíces.
3. Clases de accións.
4. Capacidade e lexitimación procesual.
5. A representación procesual.
6. Partes auxiliares e pluralidade de partes.

TEMA 10. A fase in iure.
1. Actos preparatorios. Editio actionis, In ius vocatio, Vadimonium.
2. A causae cognitio do maxistrado e o seu contido.
3. Posibles causas de paralización do proceso. 4. Autorización da fórmula.

TEMA 11. A fórmula e a litis contestatio.
1. Estrutura e contido da fórmula: partes ordinarias e extraordinarias.
2. Fórmulas civís e pretorianas.
3. A litis contestatio e os seus efectos.

TEMA 12. A fase apud iudicem e a execución da sentenza.
1. Desenvolvemento e práctica das probas.
2. A sentenza: presupostos e requisitos; clases, efectos e remedios contra a sentenza.
3. Execución da sentenza: Actio iudicati, execución patrimonial, privilexios na execución.

TEMA 13. Procedementos especiais.
1. Os interditos e o procedemento interdital.
2. Restitutiones in integrum.
3. Missiones in possessionem.
4. Estipulacións pretorianas.
5. A arbitraxe: compromissum e receptum arbitrii.

TEMA 14. A cognitio extra ordinem.
1. Orixe e características.
2. Tramitación dos litixios: citación e comparecencia, alegacións das partes, práctica da proba, sentenza e apelación, execución da sentenza.

TEMA 15. Delimitacións conceptuais.
1. As cousas e a súa clasificación.
2. Terminoloxía e tipos de propiedade romana: Dominium, In bonis habere, propiedade peregrina, propiedade provincial.
3. Limitacións legais da propiedade romana.
4. A antítese entre dereitos reais e de obrigación.

TEMA 16. Adquisición da propiedade.
1. Clasificación dos modos de adquirir a propiedade.
2. Modos orixinarios: ocupación, adquisición do tesouro, accesión, especificación, confussio y commixtio, adquisición de froitos, adiudicatio, litis aestimatio.
3. Modos derivativos: Mancipatio, in iure cessio, traditio, usucapio e logi temporis praescriptio. A usucapión justinianea.

TEMA 17. Protección procesual do propietario. 1. Acción reivindicatoria.
2. Acción publiciana.
3. Protección da propiedade provincial e peregrina.
4. Outros recursos procesais.

TEMA 18. A posesión.
1. Fundamento da protección posesoria.
2. Terminoloxía e evolución histórica.
3. A posesión pretoriana e os interditos posesorios.
4. A posesión civil: adquisición e perda da posesión.
5. Desenvolvemento ulterior da doutrina da posesión: a quasi-possessio.

TEMA 19. O condominio.
1. Concepto.
2. Réxime primitivo.
3. Doutrinas en torno á copropiedade romana.
4. Réxime clásico.
5. Dereito xustinianeo.

TEMA 20. As servidumes.
1. Orixe e evolución histórica.
2. Principios xerais.
3. Tipos de servidumes.
4. Constitución e extinción.
5. Defensa procesual.

TEMA 21. O usufruto.
1. Concepto e orixe histórica.
2. Contido: significado do binomio uti-frui.
3. Responsabilidade do usufrutuario: a caución usufrutuaria.
4. Suxeito e obxecto do usufruto.
5. Constitución e extinción.
6. Defensa procesual.
7. O cuasi-usufruto.
8. O Dereito de uso e habitación.
9. Operae servorum.

TEMA 22. Enfiteuse e superficie.
1. Observacións xerais.
2. Enfiteuse.
3. Superficie.

TEMA 23. Dereitos reais de garantía.
1. Caracteres xerais.
2. Fiducia cum creditote.
3. Pignus.
4. Hypotheca.
III.- Dereito de obrigas TEMA 1. A obligatio.
1. Concepto e evolución histórica da obligatio. 2. A prestación: clases e caracteres.
3. Clases de obrigas.
4. Lugar e tempo do cumprimento das obrigas: a mora.
5. Obligatio e actio: as chamadas obrigas naturais.
6. Fontes das obrigas: época clásica, sistematización posclásica.

TEMA 2. Garantía e reforzo das obrigas.
1. A adpromissio.
2. Réxime da fianza no Dereito xustinianeo.
3. Constitutum debiti alieni.
4. Receptum argentarii.
5. Mandatum pecuniae credendae.
6. Reforzo das obrigas.
7. Os actos de intercesión e o senadoconsulto Veleyano.
8. A adstipulatio.

TEMA 3. Transmisión e extinción das obrigas.
1. Transmisión das obrigas.
2. Extinción das obrigas.

TEMA 4. Os contratos.
1. Nocións xerais.
2. Distintas clases de contratos.
3. O principio da vinculación exclusiva dos suxeitos contratantes: estipulacións a favor e a cargo de terceiros.

TEMA 5. Contratos reais.
1. Mutuo: concepto e elementos. Efectos: usurae, accións, o Senadoconsulto Macedoniano, foenus nauticum.
2. Comodato: concepto, réxime xurídico.
3. Depósito: depositio ordinario, figuras especiais de depósito.

TEMA 6. Contratos formais.
1. Contratos verbais: sponsio e stipulatio. Estrutura da stipulatio. Cancelación: a acceptilatio e a stipulatio aquiliana.
2. Contratos literais.

TEMA 7. Contratos consensuais. A compravenda.
1. Orixes.
2. Concepto e elementos: o consentimento, a merx, o Pretium.
3. Obrigas do comprador e do vendedor.
4. Accións.
5. A evicción.
6. A garantía por vicios ocultos.
7. Pactos engadidos á compravenda.

TEMA 8. Contratos consensuais. A sociedade e o mandato.
1. O contrato de sociedade.
2. O contrato de mandato.

TEMA 9. Contratos consensuais. O arrendamento.
1. Concepto e clases.
2. Arrendamento de cousa.
3. Arrendamento de obra: a lex Rhodia e as modalidades do seguro de risco.
4. A locatio-conductio e as relacións de traballo.
5. A responsabilidade dos navieiros e hosteleiros.

TEMA 10. Delitos privados.
1. Delictum e poena: características das accións penais.
2. Delitos de furto: concepto e clases.
3. Delitos de dano: a actio Legis Aquiliae, extensións pretorianas.
4. Delitos de lesións: a actio iniuriarum.
5. Delitos varios en Dereito pretorio: accións delictivas in factum, delitos de metus, rescisión de negocios realizados por intimidación, acción de dolo.

TEMA 11. Sistematización posclásica das fontes das obrigas.
1. Os contratos innominados e a actio praescriptis verbis.
2. Cuasicontratos.
3. Cuasidelitos.
4. Os pactos: concepto, pactos pretorios, pactos lexítimos.
IV.- Dereito de familia TEMA 1. A familia.
1. Distintas hipóteses sobre as súas orixes e función.
2. A familia na concepción dos xuristas romanos. 3. Constitución da familia.
4. Filiación, parentela e afinidade.
5. Réxime económico da familia: os peculios.
6. Disolución do vínculo familiar.

TEMA 2. Matrimonium.
1. Características do matrimonio romano.
2. Matrimonium cum manu e matrimonium sine manu.
3. O matrimonio clásico.
4. O matrimonio posclásico.
5. Prohibicións e impedimentos.
6. Os esponsais.
7. Cesación e disolución do matrimonio. 8. O concubinato.

TEMA 3. Relacións patrimoniais entre cónxuxes. 1. Dote: evolución histórica.
2. Concepto e clases.
3. Constitución da dote.
4. O réxime dotal durante o matrimonio.
5. Restitución da dote.
6. Bens parafernais.
7. Doazóns nupciais.

TEMA 4. Tutela e curatela.
1. A tutela: orixes e concepto.
2. Clases de tutela.
3. Tutela dos impúberes.
4. Extinción da tutela.
5. Responsabilidade dos titores.
6. Tutela mulierum.
7. Curatela.
V.- Dereito hereditario e doazóns TEMA 1. Nocións básicas introdutorias.

TEMA 2. Delación da herdanza.

TEMA 3. Adquisición e aceptación da herdanza.

TEMA 4. Efectos da adquisición hereditaria.

TEMA 5. Sucesión lexítima ab intestato.

TEMA 6. Sucesión testamentaria.

TEMA 7. Contido do testamento (1): institución do herdeiro.

TEMA 8. Contido do testamento (2): legados e fideicomiso.

TEMA 9. Sucesión lexítima contra o testamento.

TEMA 10. Accións hereditarias.

TEMA 11. Doazóns.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000