Guia docente 2010_11
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito: Dereito constitucional I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba para a avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de xeito directo e breve en función dos coñecementos que teñen sobre a materia. A devandita proba realizarase ao final do cuadrimestre. 70
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas para a avaliación que inclúen actividades, problemas ou exercicios prácticos para resolver. Os alumnos deben responder á actividade suscitada, aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da materia. 20
Traballos e proxectos O estudante presenta, de forma oral ou escrita, o resultado obtido na elaboración dun documento sobre algún dos temas da materia, podendo tratarse tamén do resumo dalgunha lectura de especial interese para a mellora dos coñecementos dos alumnos. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os alumnos que non superaran as anteriores probas terán a oportunidade en segunda convocatoria de realizar, xunto co exame de resposta longa, un estudo de casos prácticos.


Os alumnos que non se acollan ao sistema de avaliación continua teñen dereito a realizar un exame final (teórico e práctico), independentemente da súa asistencia a clase.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000