Guia docente 2009_10
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito constitucional I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba para a avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de xeito directo e breve en función dos coñecementos que teñen sobre a materia. A devandita proba realizarase ao final do cuadrimestre. 70
Probas prácticas, de execución. Probas de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas para a avaliación que inclúen actividades, problemas ou exercicios prácticos para resolver. Os alumnos deben responder á actividade suscitada, aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da materia. 20
Traballos e proxectos O estudante presenta, de forma oral ou escrita, o resultado obtido na elaboración dun documento sobre algún dos temas da materia, podendo tratarse tamén do resumo dalgunha lectura de especial interese para a mellora dos coñecementos dos alumnos. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación






Hase de buscar a coherencia entre os obxectivos, a metodoloxía e as
actividades que se avalíen. Así mesmo, hánselles comunicar aos alumnos/as,
desde o comezo do cuadrimestre, con claridade e transparencia, os obxectivos
e criterios de avaliación, así como o peso que as distintas actividades terán
na nota final.


Na segunda convocatoria, o sistema de avaliación consistirá nunha proba
de resposta longa cunha cualificación equivalente ao 100%. Porén, o profesor
poderá requirir do alumno a realización dun traballo escrito como complemento
da citada proba e, neste caso, a cualificación do primeiro supoñerá un 20% da
nota e, a da segunda, o 80% desta.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000