Estudo de casos/análises de situacións |
Lectura e análise de documentos xurídicos ou casos prácticos reais, coa finalidade de que o alumno complete coñecementos, reflexione sobre o particular e interprete e xere as hipóteses que considere oportunas. |
Traballos tutelados |
Actividade autónoma do estudante que, de forma individual ou en grupo, elabora un traballo escrito sobre algún tema da materia que o docente considera que debe ser obxecto dun estudo pormenorizado ou sobre algunha lectura indicada previamente por este. Os estudantes adquirirán pericia na busca de información, na redacción de documentos e na lectura e manexo de bibliografía. |
Sesión maxistral |
Exposición por parte do docente dos contidos referentes á materia obxecto de estudo. |