Guia docente 2016_17
Facultade de Historia
Máster Universitario en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural
 Resultados de Formación e Aprendizaxe


Sinale A Código Resultados de Formación e Aprendizaxe
  A1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, adoito nun contexto de investigación.
  A2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
  A3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
  A4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
  A5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo.
Sinale B Código Coñecementos
  B1 Adquirir a capacidade para diferenciar e valorar as diversas expresións do Patrimonio Cultural, coñecer as ferramentas para a súa cuantificación e protección, así como as diferentes perspectivas que abordan a súa xestión.
  B2 Adquirir o coñecemento necesario para manexar as distintas ferramentas de documentación gráfica, dimensional e xeoespacial para ser aplicadas na documentación e valoración do Patrimonio ben cultural.
  B3 Adquirir a capacidade de levar á aplicación práctica da protección do ben cultural os coñecementos teóricos e os protocolos de documentación e caracterización.
  B4 Coñecer e aplicar os principios e metodoloxías da investigación como son a búsqueda bibliográfica, a toma de datos e a análise e interpretación dos mesmos e a presentación de conclusións, de forma clara, concisa e rigurosa.
Sinale C Código Habilidades
  C1 Estar capacitado para seleccionar as ferramentas de estudo e documentación necesarias para coñecer o ben cultural, incluso establecendo metodoloxías de traballo estandarizables.
  C2 Adquirir a capacidade de deseñar protocolos de intervención, establecendo tipos, prioridades e intensidades de acción ante un ben cultural en risco de alteración.
  C3 Adquirir a capacidade para redactar proxectos de intervención no Patrimonio cultural de acordo coa lexislación reguladora específica.
  C4 Adquirir a capacidade para catalogar o Patrimonio cultural inmoble, esbozando niveis de risco e podendo establecer mecanismos de protección xurídica e preventiva.
  C5 Dominar e ser capaz de aplicar instrumental e procedementos de diversas técnicas cartográficas ao Patrimonio cultural inmoble para o seu control dimensional e a elaboración de documentación gráfica empregando ferramentas CAD.
  C6 Analizar, depurar e interpretar información xeográfica, así como o seu almacenamento en bases de datos, en función de requisitos técnicos para o inventario e documentación dun proxecto de intervención.
  C7 Coñecer os fundamentos das técnicas non destructivas máis empregadas para a prospección superficial do subsolo do Patrimonio cultural inmoble e desenvolver aa capacidade de determinar a súa aplicabilidade a casos concretos.
  C8 Entender os valores multifactoriais do Patrimonio cultural, e valorarlo adecuadamente conforme a criterios de uso social.
  C9 (CE1-M3) Coñecer un número extenso de solucións técnicas de intervención, conservación e protección, adquirindo a capacidade para seleccionar a solución máis adecuada a cada caso.
  C10 (CE2-M3) (CE2-M3) Desenvolver a capacidade de seleccionar metodoloxías e instrumentos de exame e valoración do Patrimonio cultural inmueble adecuadas, tanto no que respecta aos materiais empregados, como á contorna que rodea ao ben.
  C11 (CE3-M3) Ser capaz de identificar diferentes técnicas constructivas e valorar a súa influencia na conservación do ben.
  C12 (CE4-M3) (CE3-M3) Ser capaz de identificar diversos factores de alteración dos bens culturais, tanto no que respecta aos materiais como á contorna e estruturas, así como ser capaz de identificar as manifestacións desta degradación.
  C13 (CE5-M3) (CE5-M3) Adquirir a capacidade de diagnosticar, sobre a base dun coñecemento científico, o estado de conservación do ben cultural.
  C14 (CE1-M4) Adquirir a capacidade de manexar ferramentas documentales e técnicas historiográficas para a caracterización de bens patrimoniales.
  C15 (CE2-M4) Desenvolver a capacidade para a aplicación de metodoloxías de análises territorial do Patrimonio segundo obxectivos de valoración e protección.
  C16 (CE3-M4) Desenvolver a capacidade para a tóma de decisións sobre a función que se asigna ao Patrimonio, a súa posta en valor e uso público, e para a elaboración de estratexias encamiñadas á súa recuperación.
  C17 (CE4-M4) Adquirir a capacidade para a difusión e divulgación do coñecemento científico e a creación de mensaxes con fins de sensibilización social sobre o Patrimonio.
  C18 (CE5-M4) Coñecer e aplicar os procedementos e mecanismos para a valoración e protección do Patrimonio arquitectónico no seu contexto territorial e administrativo.
Sinale D Código Competencias
  D1 Poder integrar as diversas informacións e datos aportados por diversos técnicos e ferramentas na redacción de conclusións de acción.
  D2 Ser capaces de predecir e controlar a evolución de situacións complexas mediante o desenvolvemento de novas e innovadoras metodoloxías de traballo adaptadas ao ámbito científico/investigador, tecnolóxico ou profesional concreto, en xeral multidisciplinar, no que se desenvolva a súa actividade.
  D3 Saber transmitir dun modo claro e sen ambigüidades a un público especializado ou non, resultados procedentes da investigación científica e tecnolóxica ou do ámbito da innovación máis avanzada, así como os fundamentos máis relevantes sobre os que se sustentan.
  D4 Concebir a protección do Patrimonio cultural nun marco de desenvolvemento sostible.
  D5 Adquirir coñecementos avanzados e demostrar, nun contexto de investigación científica e tecnolóxica ou altamente especializado, unha comprensión detallada e fundamentada dos aspectos teóricos e prácticos e da metodoloxía de traballo nun ou máis campos de estudo.
  D6 Coñecer e manexar a lexislación aplicable ao sector, coñecer a contorna social e empresarial e saber relacionarse coa administración competente integrando este coñecemento na elaboración de proxectos de enxeñaría e no desenvolvemento de cualquera dos aspectos do seu labor profesional.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000