Guia docente 2014_15
Facultade de Historia
Máster Universitario en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural
 Materias
  Patrimonio Arquitectónico, Territorio e Paisaxe Urbana
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma O alumnado realizará de forma autónoma dous exercicios concibidos como etapas previas para a elaboración do estudo de caso final. Entregaranse a través da plataforma Moodle 15
Probas de tipo test Utilizadas para avaliación das competencias e coñecementos adquiridos tras as lecturas obrigatorias que se expoñen no temario da materia. Cuestionario de preguntas con tres alternativas de resposta que o alumnado responderá o curso virtual creado na plataforma Moodle 5
Traballos e proxectos Execución dun traballo seleccionado entre os dous propostos na materia, coa finalidade que o alumnado demostre o dominio das ferramentas necesarias para a catalogación de bens inmobles ou a integración da arquitectura contemporánea en centros históricos 50
Outras Avaliarase positivamente a participación activa e individual do alumnado a través de medios telemáticos nas distintas actividades virtuais propostas no desenvolvemento da materia 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Cada estudante, segundo a normativa vixente, ten dúas
convocatorias de avaliación.

A primeira lévase a cabo durante o cuadrimestre de docencia.
En primeiro lugar, ao longo das semanas de docencia da materia, mediante a
entrega das actividades de avaliación requeridas. No caso de que as semanas de
docencia da materia non sexan suficientes para a entrega de todos os traballos
previstos, habilitaranse na plataforma de docencia dúas semanas adicionais, ao
final do cuadrimestre, para facilitar a devandita entrega, establecéndose neste
caso un cronograma alternativo de entrega de tarefas.



A segunda
avaliación realízase no mes de xullo, para o cal habilitarase de novo o acceso
á plataforma docente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000