Guia docente 2014_15
Facultade de Historia
Máster Universitario en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural
 Materias
  Historia, Memoria, Identidade e Patrimonio Cultural
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Aproximación aos conceptos básicos. Introducción ao debate en torno a historia, identidades, memoria e patrimonio.
Sesión maxistral Exposición dos principais contidos teóricos da materia con axuda de medios audiovisuais. Os alumnos terán a posibilidade de asistir á devandita sesión en forma de videoconferencia
Estudo de casos/análises de situacións Análise dun problema ou caso real, coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipótese, diagnosticalo e penetrarse en procedementos alternativos de solución, para ver a aplicación dos conceptos teóricos na realidade. Empregaranse como complemento das clases teóricas para o autoaprendizaxe.
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumno debe leer e analizar os documentos de traballo sinalados e realizar as actividades/exercicios propostos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000