Guia docente 2015_16
Facultade de Historia
Máster Universitario en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural
 Materias
  Territorio e Paisaxe Cultural
   Competencias
Código Descrición
A3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B1 Adquirir a capacidade para diferenciar e valorar as diversas expresións do Patrimonio Cultural, coñecer as ferramentas para a súa cuantificación e protección, así como as diferentes perspectivas que abordan a súa xestión.
C1 Estar capacitado para seleccionar as ferramentas de estudo e documentación necesarias para coñecer o ben cultural, incluso establecendo metodoloxías de traballo estandarizables.
C8 Entender os valores multifactoriais do Patrimonio cultural, e valorarlo adecuadamente conforme a criterios de uso social.
C15 (CE2-M4) Desenvolver a capacidade para a aplicación de metodoloxías de análises territorial do Patrimonio segundo obxectivos de valoración e protección.
D3 Saber transmitir dun modo claro e sen ambigüidades a un público especializado ou non, resultados procedentes da investigación científica e tecnolóxica ou do ámbito da innovación máis avanzada, así como os fundamentos máis relevantes sobre os que se sustentan.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000