Guia docente 2014_15
Facultade de Historia
Máster Universitario en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural
 Materias
  Caracterización e Documetación Histórico-Artística
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de tipo test Utilizadas para a avaliación das competencias e coñecementos adquiridos no tema 1. Cuestionario de preguntas pechadas con tres alternativas de resposta que o alumnado respostará no curso virtual creado na plataforma Moodle. 5
Resolución de problemas e/ou exercicios Utilizadas para a avaliación das competencias e coñecementos adquiridos nos temas 2, 3 e 4. O alumnado realizará de forma autónoma seis exercicios concebidos como etapas previas para a elaboración do estudo de caso. Entregaranse no curso virtual creado na plataforma Moodle. 15
Traballos e proxectos Análise dun problema ou caso real coa finalidade de que o alumnado demostre o dominio das ferramentas necesarias para a busca e consulta de fontes bibliográficas e documentais de arquivo, gráficas e fotográficas, relacionadas cun ben ou conxunto de bens culturais. 50
Outras Participación activa e individual a través de medios telemáticos. Avaliarase positivamente a participación do alumnado nas distintas actividades virtuais propostas no curso. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Cada estudante, segundo a normativa vixente, ten dúas
convocatorias de avaliación.

A primeira lévase a cabo durante o cuadrimestre de docencia.
En primeiro lugar, ao longo das semanas de docencia da materia, mediante a
entrega das actividades de avaliación requeridas. No caso de que as semanas de
docencia da materia non sexan suficientes para a entrega de todos os traballos
previstos, habilitaranse na plataforma de docencia dúas semanas adicionais, ao
final do cuadrimestre, para facilitar a devandita entrega, establecéndose neste
caso un cronograma alternativo de entrega de tarefas.



A segunda
avaliación realízase no mes de xullo, para o cal habilitarase de novo o acceso
á plataforma docente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000