Guia docente 2016_17
Facultade de Historia
Máster Universitario en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural
 Materias
  Tratamento de Superficies
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos/análises de situacións Os casos prácticos reais ou simulados propostos na plataforma deberan ser resoltos mediante traballo autónomo con atención persoalizada e ser entregados na plataforma no calendario indicado.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
• Coñecer os diferentes métodos e materiais vixentes na limpeza, consolidación, protección e adhesión-reintegración das superficies dos bens patrimoniais.
• Poder aplicar metodoloxías específicas de tratamento de superficies, en función dos principais materiais que constituen os bens patrimoniais e o seu estado de conservación.
• Coñecer as principais técnicas empregadas para a valoración da eficacia dos tratamentos de superficies dos bens patrimoniais.
20 A2
B1
B3
B4
C9
D1
D2
Resolución de problemas e/ou exercicios Avalíase a participación activa mediante a resolución de exercicios (tests de autoavaliación) formulados polo profesor e resoltos de forma autónoma polo alumnado.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
• Coñecer os diferentes métodos e materiais vixentes na limpeza, consolidación, protección e adhesión-reintegración das superficies dos bens patrimoniais.
• Poder aplicar metodoloxías específicas de tratamento de superficies, en función dos principais materiais que constituen os bens patrimoniais e o seu estado de conservación.
• Coñecer as principais técnicas empregadas para a valoración da eficacia dos tratamentos de superficies dos bens patrimoniais.
10 A2
C9
D2
Proxectos Proponse a realización dun traballo de carácter transversal dentro do
Módulo 3, plantexando actuacións sobre un ben inmoble previamente
seleccionado. Esta proposta avaliarase mediante a entrega dun
traballo escrito.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
• Coñecer os diferentes métodos e materiais vixentes na limpeza, consolidación, protección e adhesión-reintegración das superficies dos bens patrimoniais.
• Poder aplicar metodoloxías específicas de tratamento de superficies, en función dos principais materiais que constituen os bens patrimoniais e o seu estado de conservación.
• Coñecer as principais técnicas empregadas para a valoración da eficacia dos tratamentos de superficies dos bens patrimoniais.
50 A2
B1
B3
B4
C9
D1
D2
Titoría en grupo Valórase a participación activa do alumnado durante as actividades presenciais (clases remotas) e a participación nos debates que se formularán nos foros.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
• Coñecer os diferentes métodos e materiais vixentes na limpeza, consolidación, protección e adhesión-reintegración das superficies dos bens patrimoniais.
• Poder aplicar metodoloxías específicas de tratamento de superficies, en función dos principais materiais que constituen os bens patrimoniais e o seu estado de conservación.
• Coñecer as principais técnicas empregadas para a valoración da eficacia dos tratamentos de superficies dos bens patrimoniais.
20 A2
C9
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación



No curso académico 2016-2017, ofértase esta materia
sen dereito a docencia, unicamente con dereito a avaliación.

O alumno, segundo a normativa vixente, ten dúas
convocatorias de avaliación. A primeira lévase a cabo durante o segundo
cuadrimestre e a segunda convocatoria (convocatoria extraordinaria) leva a cabo
entre Xuño e Xullo de 2017.

En ambas as convocatorias, os criterios de avaliación
son os seguintes:


  • Cuestionarios
    (20%)

  • Caso
    práctico (30%)

  • Traballo
    de Materia ou Transversal (50%)

A cualificación rexerase segundo os seguintes
supostos:


  • Cualificarase
    como “non presentado” ao alumnado que non realizase ningunha das actividades
    propostas.

  • Cualificarase
    como “suspenso” ao alumnado que non realizase a totalidade das actividades
    propostas.

  • Cualificarase
    como “suspenso” cando, presentadas o tres de actividades, a media de
    cualificación non alcance o 5.

  • Para poder
    promediar a cualificación, cada unha das cualificacións parciais terá que
    superar a cualificación de 4,5 sobre 10.

Para a segunda convocatoria habilitarase de novo o
acceso á plataforma docente para a realización dos cuestionarios e caso
práctico e traballo transversal. Deberán presentarse a esta convocatoria os
alumnos e as alumnas que obtivesen as cualificacións de non
"presentado"ou "suspenso". No caso práctico exporase unha
nova actividade. A cualificación final en segunda convocatoria rexerase polos
mesmos criterios que a primeira convocatoria.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000