Guia docente 2015_16
Facultade de Historia
Máster Universitario en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural
 Materias
  Tratamento de Superficies
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos/análises de situacións Os casos prácticos reais ou simulados propostos na plataforma deberan ser resoltos mediante traballo autónomo con atención persoalizada e ser entregados na plataforma no calendario indicado.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
• Coñecer os diferentes métodos e materiais vixentes na limpeza, consolidación, protección e adhesión-reintegración das superficies dos bens patrimoniais.
• Poder aplicar metodoloxías específicas de tratamento de superficies, en función dos principais materiais que constituen os bens patrimoniais e o seu estado de conservación.
• Coñecer as principais técnicas empregadas para a valoración da eficacia dos tratamentos de superficies dos bens patrimoniais.
20 A2
B1
B3
B4
C9
D1
D2
Resolución de problemas e/ou exercicios Avalíase a participación activa mediante a resolución de exercicios (tests de autoavaliación) formulados polo profesor e resoltos de forma autónoma polo alumnado.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
• Coñecer os diferentes métodos e materiais vixentes na limpeza, consolidación, protección e adhesión-reintegración das superficies dos bens patrimoniais.
• Poder aplicar metodoloxías específicas de tratamento de superficies, en función dos principais materiais que constituen os bens patrimoniais e o seu estado de conservación.
• Coñecer as principais técnicas empregadas para a valoración da eficacia dos tratamentos de superficies dos bens patrimoniais.
10 A2
C9
D2
Proxectos Proponse a realización dun traballo de carácter transversal dentro do
Módulo 3, plantexando actuacións sobre un ben inmoble previamente
seleccionado. Esta proposta avaliarase mediante a entrega dun
traballo escrito.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
• Coñecer os diferentes métodos e materiais vixentes na limpeza, consolidación, protección e adhesión-reintegración das superficies dos bens patrimoniais.
• Poder aplicar metodoloxías específicas de tratamento de superficies, en función dos principais materiais que constituen os bens patrimoniais e o seu estado de conservación.
• Coñecer as principais técnicas empregadas para a valoración da eficacia dos tratamentos de superficies dos bens patrimoniais.
50 A2
B1
B3
B4
C9
D1
D2
Titoría en grupo Valórase a participación activa do alumnado durante as actividades presenciais (clases remotas) e a participación nos debates que se formularán nos foros.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
• Coñecer os diferentes métodos e materiais vixentes na limpeza, consolidación, protección e adhesión-reintegración das superficies dos bens patrimoniais.
• Poder aplicar metodoloxías específicas de tratamento de superficies, en función dos principais materiais que constituen os bens patrimoniais e o seu estado de conservación.
• Coñecer as principais técnicas empregadas para a valoración da eficacia dos tratamentos de superficies dos bens patrimoniais.
20 A2
C9
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado, segundo a normativa vixente, ten dúas convocatorias de avaliación:

A primeira convocatoria de avaliación se leva a cabo durante o cuadrimestre de docencia. En primeiro lugar, ao longo das semanas de docencia da materia, mediante a entrega de cuestionarios nas datas previstas, participación en foros e tutorías, entrega da resolución dos casos prácticos e do traballo de carácter transversal. O valor de cada unha destas actividades avaliadas será:

  • 50%, traballo transversal
  • 20%, casos prácticos
  • 10%, exercicios de autoavaliación
  • 10%, participación en foros
  • 10%, asistencia e participación en clases remotas

No caso de que as semanas de docencia da materia non sexan suficientes para a entrega do traballo transversal, habilitarase a plataforma de docencia dúas semanas adicionais, ao final do cuadrimestre, para facilitar a dita entrega.

Os criterios de avaliación nesta convocatoria serán: 

  • Cualificarase como "non presentado" ao alumnado que non realizase ningunha das actividades propostas.
  • Cualificarase como"suspenso" ao alumnado que non realizase a totalidade das actividades propostas.
  • Cualificarase como "suspenso"  cando, presentada a totalidade de actividades, a media de cualificación non alcance o 5.
  • Para poder "promediar" a cualificación, cada unha das cualificacións parciais terán que superar a cualificación de 3 sobre 10 con excepción do Foro. En caso contrario, a cualificación será de "suspenso".

A segunda convocatoria de avaliación realízase no mes de Xullo, para o que se habilitará de novo o acceso á plataforma docente. Deberán presentarse a esta convocatoria os alumnos que obtivesen as cualificacións de "non presentado" ou "suspenso". 

De cara a esta convocatoria, abriráse un novo prazo para a realización da TOTALIDADE das actividades, con excepción daquelas

vinculadas á participación activa (foro e participación en sesions remotas).

En todos os casos tratarase de novas formulacións, probas distintas das realizadas en convocatoria ordinaria. 

A cualificación final obteráse das seguintes porcentaxes : 

  • Cuestionarios (20%) 
  • Caso práctico (30%) 
  • Traballo de Materia ou Transversal (50%)

Cada unha das cualificacións parciais terán que superar a nota de 4,5 sobre 10 para poder facer media; en caso contrario, a cualificación da materia será de "suspensa".


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000