Guia docente 2016_17
Facultade de Historia
Máster Universitario en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural
 Materias
  Tratamento de Superficies
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias A docencia presencial desenvolverase de maneira sincrónica remota, utilizando a plataforma docente. Durante estas sesións, presentarase a materia, impartiranse os contidos ofertados e exporanse os traballos propostos.
Estudo de casos/análises de situacións Resolución de casos reais ou simulados, en que o alumnado terá que propor a metodoloxía de tratamento máis axeitada, en base ao exposto nas sesións previas. Os casos serán discutidos mediante a participación en foros, e serán tutorizados de xeito persoal ou grupal e enviados para a súa corrección a través da plataforma docente.
Resolución de problemas e/ou exercicios Durante a docencia virtual plantexarase a discusión e resolución de exercicios que permitan a aplicación dos coñecementos a situacións concretas co propósito de adquirir habilidades procedementais.
Proxectos Ensino baseado en proxectos de aprendizaxe (ABP): os estudantes levan a cabo a realización dun proxecto sobre unha temática concreta nun tempo determinado a partir dun conxunto de cuestións formuladas polo profesor que o alumno debe resolver para desenvolver determinadas competencias previamente definidas.
Titoría en grupo Utilizarase o foro de discusión da plataforma docente para resolver dúbidas grupais e discutir os casos prácticos, co fin da resolución autónoma dos casos formulados e do traballo transversal.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000