Guia docente 2014_15
Facultade de Historia
Máster Universitario en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural
 Materias
  Tecnoloxías e Formas de Alteración de Materiais e Superficies
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Foros de discusión Utilizarase o foro de discusión da plataforma docente para resolver dúbidas grupales e discutir casos prácticos para a resolución dos casos expostos e do traballo transversal. Estableceranse datas concretas para a participación nos mesmos.
Actividades introdutorias A docencia presencial desenvolverase de maneira sincrónica remota, utilizando a plataforma
docente.
Durante estas sesións, dun total de cinco horas de duración, presentarase a materia, impartiranse os contidos ofertados e exporanse os traballos propostos.
Estudo de casos/análises de situacións Durante a docencia virtual exporase a discusión e resolución de casos reais e/ou simulados sobre identificación de materiais e diagnoses, que poderán ser discutidos mediante participación en foros, tutorados de xeito persoal ou grupal e enviados para a súa corrección a través da plataforma docente.
Aplicación dos coñecementos a situacións concretas co propósito de adquirir habilidades procedimentais.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000