Guia docente 2016_17
Facultade de Historia
Máster Universitario en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural
 Materias
  Tecnoloxías e Formas de Alteración de Estruturas Inmobles
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos/análises de situacións Os casos prácticos reais ou simulados formulados na plataforma deberanse resolver mediante traballo autónomo con atención personalizada e entregar na plataforma no calendario indicado.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son:
Adquisición de habilidades para a interpretación, a partir de datos analíticos e de observación, dos distintos fenómenos de deterioración que actúan nos compoñentes do ben inmoble e a súa interacción.
20 A2
A3
B4
C11
C12
D1
D2
Resolución de problemas e/ou exercicios Se valora a participación activa mediante a resolución de exercicios de autoevaluación expostos polo profesor e resoltos de forma autónoma polo alumnado.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: coñecer os factores intrínsecos e extrínsecos que contribúen á deterioración estrutural do patrimonio construído e aprender a recoñecer os diferentes elementos construtivos dos edificios do patrimonio arquitectónico, comprendendo as características básicas do seu funcionamento.
10 A2
A3
D1
Proxectos Proponse a realización dun traballo de carácter transversal dentro do Módulo 3, propondo actuacións sobre un ben inmoble previamente seleccionado. Esta proposta avaliarase mediante a entrega dun traballo escrito. Os resultados da aprendizaxe avaliados son: adquisición de habilidades para a interpretación, a partir de datos analíticos e de observación, dos distintos fenómenos de deterioración que actúan nos compoñentes do ben inmoble e a súa interacción 50 A2
A3
B1
B4
C11
C12
D1
D2
Titoría en grupo Se valora a participación activa do alumnado durante as actividades presenciais (clases remotas) e a participación nos debates que se exporán nos foros. Os resultados da aprendizaxe avaliados son: coñecer os factores intrínsecos e extrínsecos que contribúen á deterioración estrutural do patrimonio construído e aprender a recoñecer os diferentes elementos construtivos dos edificios do patrimonio arquitectónico, comprendendo as características básicas do seu funcionamento. 20 A2
A3
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
No curso académico 2016-2017, ofértase esta materia
sen dereito a docencia, unicamente con dereito a avaliación.O alumno, segundo a normativa vixente, ten dúas
convocatorias de avaliación. A primeira lévase a cabo durante o segundo
cuadrimestre e a segunda convocatoria (convocatoria extraordinaria) leva a cabo
entre Xuño e Xullo de 2017.En ambas as convocatorias, os criterios de avaliación
son os seguintes:

  • Cuestionarios
    (20%)

  • Caso
    práctico (30%)

  • Traballo
    de Materia ou Transversal (50%)

A cualificación rexerase segundo os seguintes
supostos:

  • Cualificarase
    como “non presentado” ao alumnado que non realizase ningunha das actividades
    propostas.

  • Cualificarase
    como “suspenso” ao alumnado que non realizase a totalidade das actividades
    propostas.

  • Cualificarase
    como “suspenso” cando, presentadas o tres de actividades, a media de
    cualificación non alcance o 5.

  • Para poder
    promediar a cualificación, cada unha das cualificacións parciais terá que
    superar a cualificación de 4,5 sobre 10.

Para a segunda convocatoria habilitarase de novo o
acceso á plataforma docente para a realización dos cuestionarios e caso
práctico e traballo transversal. Deberán presentarse a esta convocatoria os
alumnos e as alumnas que obtivesen as cualificacións de non
"presentado"ou "suspenso". No caso práctico exporase unha
nova actividade. A cualificación final en segunda convocatoria rexerase polos
mesmos criterios que a primeira convocatoria.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000